Río Pedras
Aparencia
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | A Coruña, España | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | ría de Arousa | |||
| ||||
O río Pedras é un curso fluvial da península do Barbanza. Nace na serra do Barbanza e desemboca na ría de Arousa.[1][2]
Descrición
[editar | editar a fonte]O río Pedras nace na serra do Barbanza e desemboca na ría de Arousa, entre as parroquias de Posmarcos e Lesón (A Pobra do Caramiñal). Na sección onde o río está situado na área montañosa de Curota forma fervenzas e caídas con múltiples marmitas de xigantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na zona da Aldea Vella hai diversos antigos muíños de auga abandonados.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Ponte sobre do río.
-
Sobreira nas abas da ribeira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Masmar (eds.). "Pozas del río Pedras - Barbanza. A Pobra. A Coruña". Consultado o 29/10/2018.
- ↑ apobra.com (eds.). "Piscinas naturales del río Pedras". Consultado o 29/10/2018.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouza Brey, F. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, páx. 153-204.
- Gran Enciclopedia Galega
- Laredo Verdejo, X.L. (1993): A Pobra do Caramiñal. Guía. S.L., Concello da Pobra do Caramiñal.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |