Saltar ao contido

Río Pequeno, río Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O río Pequeno é un afluente do Miño pola dereita, no seu curso alto, na provincia de Lugo.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Pequeno nace no Cordal de Neda, a 700 msnm, no concello da Pastoriza, e percorre a chaira luguesa, atravesando os concellos de Castro de Rei e Cospeito, para despois duns 19 km, render as súas augas, na marxe dereita do Miño, a altura da freguesía de Bazar, de novo no municipio de Castro de Rei.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os seus afluentes son todos pola esquerda, e de curta entidade, como os regos da Fraga e o rego de Vilar.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.