Saltar ao contido

Río Soldón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Soldón
Imaxe
Río Soldón a carón da súa desembocadura, no encoro de Sequeiros.
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra dos Cabalos Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBendollo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónO Soldón Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Sil Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°26′42″N 7°13′32″O / 42.44492, -7.22569
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións20 (lonxitude) km
Medicións
Caudal2,6 m³/s Editar o valor en Wikidata

O Soldón é un río galego, afluente do Sil pola súa marxe dereita, que ten todo o seu curso dentro da provincia de Lugo.

O río dá nome a dúas aldeas do concello de Quiroga: a do Soldón na parroquia da Seara, no seu curso alto, e mais a do Soldón na parroquia de Bendolla, xa xunto á súa desembocadura.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace a 1160 m de altura, na serra dos Cabalos, na serra do Courel. Atravesa todo o concello de Quiroga nun percorrido de 20 km, para unirse ao Sil no Soldón, a uns 250 m de altitude. A súa conca ten unha área de 93 km2, e o seu caudal medio é de 2,6 m3/s. Ten como afluentes regatos de montaña. Durante o seu percorrido vai moi encaixado.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Pola dereita

[editar | editar a fonte]
  • Carrozo de Pinacedo
  • Carrozo do Val de Parada
  • Carrozo do Val Herboso
  • Carrozo do Val da Cova
  • Rego de Valdenabais
  • Caborco do Inferno
  • Regueiro das Calas

Pola esquerda

[editar | editar a fonte]
  • Carrozo da Fervencia
  • Carrozo das Lameiras
  • Rego de Montouto
  • Rego de Recheín
  • Carrozo do Carroceiro
  • Carrozo de Paínzo
  • Río de Vilarmiel
  • Regueiro do Barreiro
  • Regueiro de Rocaboa