Río Tweed
Tipo | río ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa ![]() | ||||
División administrativa | Scottish Borders, Reino Unido e Northumberland, Reino Unido ![]() | ||||
Localización | Tweed's Well (en) ![]() ![]() | ||||
Final | |||||
Localización | Mar do Norte ![]() | ||||
| |||||
Afluentes | River Till (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 156 (![]() | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 3.900 km² ![]() | ||||
Sitio de especial interese científico | |||||
O río Tweed (ou Uisge Thuaidh en gaélico) é un río existente na rexión de Escocia, no Reino Unido, que ten unha lonxitude total de 156 km, sendo o undécimo río pola súa lonxitude de todo o Reino Unido e o cuarto de Escocia. O río Tweed atravesa completamente a rexión dos Scottish Borders.
O río ten o seu nacemento no lugar coñecido como Tweed´s well, recollendo e drenando as augas de todo o conxunto da zona dos Borders. A parte máis meridional do seu curso é a que marca a fronteira de Escocia con Inglaterra (concretamente con Northumberland) ao longo dun total de 27 km, nas proximidades da cidade de Berwick-upon-Tweed. O río remata o seu curso no mar do Norte. Por outra banda, o río Tweed é un dos grandes ríos salmoneiros de Escocia.
As principais cidades atravesadas polo Tweed desde o seu nacemento ata a súa desembocadura son Peebles, Galashiels, Melrose, Kelso, Coldstream e Berwick-upon-Tweed, lugar onde finalmente o río desemboca no mar do Norte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Tweed |