Río Urumea
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Guipúscoa, España | ||||
Localización | Ezkurra mountain pass (en) | ||||
Final | |||||
Localización | Mar Cantábrico | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 59 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 192 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 9,99 m³/s | ||||
O río Urumea (do éuscaro, ur, «auga», e mehea, «fina») é un río do norte de España que nace en Navarra e desemboca na cidade de Donostia (Guipúscoa).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Urumea nace no porto de Ezkurra (Navarra), nunha das zonas con máis precipitacións da Península Ibérica. Descende por un val estreito e fondo ata Goizueta. Recibe o Añarbe discorrendo en rápida pendente a partir de Artikutza, atravesa os núcleos de Pagoaga e Pikoaga ata chegar a Hernani.
Prosegue por Astigarraga e entra na cidade de Donostia, pasando polos barrios de Martutene, Loiola, separando a Eguía e Gros de Amara e o centro, para desembocar no mar Cantábrico entre o monte Urgull e a praia de Zurriola. A súa cunca ten soamente 279 km² e ten 45 km de lonxitude.
No seu percorrido recibe as augas dos seguintes afluentes: pola dereita, Añarbe, Beltza, Lizarrei, Aparrain, Eskaitz, Usoko, Epele, Marindegi e Taulako; pola izquierda, Pagoaga, Sagarreta, Olaberri, Bezkite, Sagatzain, Txonkueneku, Portu, Latzumbe, Buztin e Agerre.
Características
[editar | editar a fonte]A forma actual da desembocadura é moi diferente á doutros tempos. Entón era moi ancha, entre os montes Ulía e Igueldo, e Urgull era só un illote que saía no centro e as augas discorrían por gran parte do actual Gros e a totalidade de Amara novo, formando marismas e terreos pantanosos.
O río Urumea adoita rexistrar as maiores crecidas no outono e a principios do inverno, producíndose ocasionalmente algunhas inundacións en Hernani, Astigarraga e no barrio donostiarra de Martutene. Ao ter unha cunca pequena e poucos quilómetros de percorrido, o seu caudal pode variar de forma rápida, pode subir o seu nivel en poucas horas e si nuns cantos días non se producen precipitacións este pode descender considerablemente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Urumea |