Río Ussuri
(mnc) ᡠᠰᡠᡵᡳ ᡠᠯᠠ (zh-hans) 乌苏里江 (ru) река Уссури ![]() | ||||
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Asia ![]() | |||
País da cunca | Rusia ![]() | |||
División administrativa | Krai de Primorie, Rusia ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Krai da Transbaicália, Rusia (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | Río Amur ![]() | |||
| ||||
Afluentes | Rio Songacha (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Conca hidrográfica | conca do río Amur ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 897 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 193.000 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Caudal | 1.150 m³/s ![]() | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fa/Amurrivermap.png/220px-Amurrivermap.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Location_Ussuri-River.png/220px-Location_Ussuri-River.png)
O río Ussuri,[1] en ruso река Уссури; en chinés simplificado 乌苏里江; en chinés tradicional 烏蘇里江; en pinyin Wūsūlǐ Jiāng, é un longo río do nordeste de Asia, afluente pola marxe dereita do Amur no seu curso baixo.
Ten unha lonxitude de 897 km, un caudal medio de 1 150 m³/s e drena unha conca de 193 000 km² (superficie similar á de países como Senegal, Siria ou Camboxa).
Administrativamente, discorre polos krais de Khabárovsk e Primorie da Federación de Rusia e forma durante un longo treito a fronteira coa provincia chinesa de Heilongjiang.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Ussuri nace na cordilleira de Sikhote-Alin, a menos de 50 km da costa do mar do Xapón Oriental. Ao principio encamíñase en dirección sur, para logo describir unha ampla curva e dirixirse cara ao norte até unirse ao río Amur na cidade rusa de Khabarovsk.
En gran parte do seu percorrido delimita a fronteira entre China e Rusia. A lonxitude total do río é duns 897 km. Situado nunha rexión de clima moi frío, o río permanece xeado entre os meses de novembro e abril. As enchentes do río debidas ao desxeo e á chuvia son causa de frecuentes inundacións na zona.
Afluentes
[editar | editar a fonte]Os principais ríos tributarios do Ussuri, en dirección augas abaixo, son os seguintes:
- río Arsénievka (pola esquerda), cunha lonxitude de 294 km e unha conca de 7 060 km²;
- río Songacha (pola esquerda), o principal emisario do gran lago Khanka (4 190 km²), que forma fronteira entre a China e Rusia, cunha lonxitud de 180–210 km (cambia frecuentemente de leito) e unha conca de 25 600 km²;
- río Muling (pola esquerda), cunha lonxitude de 577 km e unha conca de 18 500 km²;
- río Bolshaya Ussurka (poa dereita), cunha lonxitude de 440 km e unha conca de 29 600 km²;
- río Bikin (pola dereita), cunha lonxitude de 560 km e unha conca de 22 300 km²;
- río Naoli (pola esquerda), cunha lonxitud de 596 km e unha conca de 24 000 km²;
- río Khor (pola dereita), cunha lonxitude de 453 km e unha conca de 24 700 km²;
Historia
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/%E4%BB%8E%E9%AB%98%E5%A4%84%E4%BF%AF%E8%A7%86%E7%8F%8D%E5%AE%9D%E5%B2%9B_-_panoramio.jpg/220px-%E4%BB%8E%E9%AB%98%E5%A4%84%E4%BF%AF%E8%A7%86%E7%8F%8D%E5%AE%9D%E5%B2%9B_-_panoramio.jpg)
En 1891, a construción da liña do ferrocarril Transiberiano iniciouse por ambos os extremos á vez. O equipo oriental partiu desde Vladivostok en dirección norte, discorrendo logo pola beira dereita do río Ussuri até chegar a Kabárovsk, onde a liña cruzaba o río Amur mediante unha gran ponte. Este foi o primeiro treito do Transiberiano que foi finalizado, entrando en servizo en 1897, cando foi coñecido como o ferrocarril Ussuri, con máis de 750 km de lonxitude.
O río Ussuri tamén é famoso porque foi o escenario do conflito fronteirizo sino-soviético no ano 1969.[2] O momento máis grave foi o combate entre tropas chinesas e rusas pola illa Zhenbao (Damanski en ruso), daquela controlada pola Unión Soviética.[3] En 1991 o goberno ruso aceptou recoñecer a soberanía chinesa sobre moitas das pequenas illas situadas no río como xesto de boa vontade para poñer fin ás disputas territoriais entre os dous países.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ussuri, na Diciopedia do século 21.
- ↑ 1969 Border Conflict. Consultado o 22 de novembro de 2019 (en inglés).
- ↑ Wolfgang Benz & Hermman Graml (1986): Europa después de la Segunda Guerra Mundial 1945-1982. Historia Universal Siglo XXI, Vol. 35, tomo I. Madrid: Siglo XXI Editores, S. A. ISBN 978-84-3230-572-6, páx. 433.
- ↑ "Así casi comienzan la Tercera Guerra Mundial URSS y China". Excelsior (en castelán). 20-02-2019. Consultado o 22 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Ussuri ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Narangoa, Li (2014). Historical Atlas of Northeast Asia, 1590-2010: Korea, Manchuria, Mongolia, Eastern Siberia. New York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-6070-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ussuri River na Encyclopædia Britannica (en inglés).