Saltar ao contido

Río Xuba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Xuba
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaSomalia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRio Ganale Dorya (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 4°10′42″N 42°04′48″L / 4.1783, 42.08
0°15′01″S 42°37′50″L / -0.2503, 42.6306
Afluentes
Características
Dimensións1.658 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica497.504 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal127 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Xuba (en amhárico, Ghenale; en somalí, Wabiga Jubba; en italiano, Giuba) é un importante río da África oriental, localizado no sur de Somalia, que comeza na fronteira con Etiopía, nas montañas Mendebo,[1] na confluencia dos ríos Dawa e Ganale Doria ou Gebele, e flúe directamente cara ao sur até o océano Índico, onde desemboca xusto ao norte da cidade de Kismaayo, un dos portos máis importantes de Somalia,[1] na rexión sureña de Xubalandia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Ponte sobre o río Xuba en Bardhere (Somalia).

O río Xuba ten unha lonxitude de 1 808 km,[2] e drena unha conca de 497 655 km².[3]

En certos anos especialmente chuviosos, o Xuba pode recibir no seu treito final augas do case sempre endorreico río Shebelle, o que podería engadir á súa conca 336 604 km² máis.[4]

A conca estrita do Xuba, sen considerar a parte que corresponde ao seu maior afluente, o río Lagh Dera, é de 221 000 km².[2]

Os principais afluentes, ademis das súas fontes da parte alta, están no curso baixo e son o río Lagh Dera (ou Ewaso Ng'iro), de 700 km e, ocasionalmente, como xa se dixo, o Shebelle.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

A rexión da conca hidrográfica do Xuba é fundamentalmente sabana, e é a parte máis rica do país debido ás súas fértiles terras de labranza.

A fauna autóctona inclúe xirafas, guepardos, leóns, leopardos, hienas, búfalos cafres, hipopótamos, crocodilos, órices, gacelas, camelos, avestruces, chacais e asnos salvaxes.

A fonte máis antiga dun europeo que visitara a rexión do Xuba (Xubalandia) é o informe do xesuíta portugués Jerónimo Lobo (Lisboa, 1593 – Coímbra 1678), quen, en 1624, tratou de seguir o curso do Xuba en Etiopía relatando que tivo que pasar a través das terras de nove pobos diferentes que «estaban continuamente en guerra uns cos outros e, aínda que estaba case seguro nas súas terras, no podía garantir a seguridade de ningunha persoa que dera un paso fóra delas», e regresou á India portuguesa para encontrar outro camiño.[5]

Máis de dous séculos pasaron ​até que en 1863 o explorador alemán barón Karl Klaus von der Decken remontou o curso inferior do río nun pequeno barco de vapor. O barco naufragou nos rápidos situados augas arriba de Bardhere, onde a expedición foi atacada poos somalís locais, incidente que terminou coa morte do barón e a doutros tres membros do grupo.

O primeiro europeo que explorou amplamente e por completo o curso do río foi o explorador italiano Vittorio Bottego, asistido polo comandante da Armada británica F. G. Dundas. Bottego e o seu equipo navegaron 400 millas do río en 1891.

Durante a súa exploración, Vittorio Bottego cambiou o nome do principal afluente do Xuba —o río Ganale— polo de río Ganale Doria en honor ao famoso naturalista italiano Giacomo Doria.[6][7]

  1. 1,0 1,1 Jubba River Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na Encyclopaedia Britannica.
  2. 2,0 2,1 Véxase no Atlas of the Juba and Shabelle Rivers, na Parte 1 «The Juba-Shabelle transboundary river basin - General features», páx. 2, dispoñíbel en liña en: [1]. (en inglés).
  3. Entrada «A05 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources eAtlas. Dispoñíbel en liña en: [2] Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine..
  4. Entrada «A17 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources eAtlas. Dispoñíbel en liña en: [3] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  5. Jerónimo Lobo, Relazione storica d'Abissinia. Tradiciida ao inglés por Donald M. Lockhart como The Itinerario of Jerónimo Lobo. Londres: Hakluyt Society, 1984, pp. 65 e ss.
  6. Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co.
  7. F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co.
  • F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222.
  • Guida dell'Africa Orientale Italiana, Consociazione Turistica Italiana, Milán 1938, pp. 585–596.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]