Río de Hedrada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Tipo | río | ||
---|---|---|---|
Inicio | |||
División administrativa | España | ||
Final | |||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | ||
Localización | río Mao | ||
Conca hidrográfica | conca do Miño | ||
O río de Hedrada é un curso de auga galego, afluente, pola esquerda do río Mao.
O seu nome procede do medieval rivulum Humano ou Omano Minor.[Cómpre referencia]
Nace á altura da aldea de Xestosa, na parroquia de Covas (concello de Montederramo), aínda que no seu tramo inicial recibe o nome de río Tabenxa e Alavenche.
Está formado pola confluencia na súa marxe esquerda dos regatos de Covas (que nace nos Chaos da Lagoa, entre as paraxes de Lameira Aceda e Pereiros, tamén na parroquia de Covas), e únese co río Tabenxa ou Alavenche á altura de Pozos Negros, moi preto da Ponte Vella de Vilariño Frío. O regato do Reconco ou do Brozo (que nace na paraxe de Lamas da Meda, preto de Cacharrequille, na parroquia das Chas, ao que se une o regato da Retorta, entre as aldeas de Bouzas e Cordelle de Abaixo, facendo de punto divisorio entre os concellos de Maceda e Montederramo) e o regato dos Perocás, que nace na serra da Cabeza da Meda, na parroquia das Paradellas (Parada de Sil). Ambos os dous regatos (o regato do Reconco e o dos Perocás) únense ao río preto da actual ponte de Hedrada, na estrada de Vilariño Frío a Parada do Sil. A comezos dos anos 70 fíxose o encoro de Hedrada, tendo o seu muro á altura de Ivil (parroquia de Pradomao), moi preto da súa desembocadura no río Mao na aldea de Pradocelos.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |