Rútilo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Rútilo | |
---|---|
Fórmula química | TiO2 |
Clase | Óxidos |
Sistema cristalino | Tetragonal |
Cor | Parda, amarela, vermella e negra |
Brillo | De adamantino a metálico |
Dureza | 6 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Parda tirando a amarela |
Densidade | 4,2-4,3 g/cm3 |
O rútilo[1] (do latín rutilus, que significa vermello) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é TiO2 (contén o 60% de titanio e o 40% de osíxeno).
Aspecto
[editar | editar a fonte]O rútilo preséntase en forma de cristais prismáticos case sempre extremadamente finos (en forma de agullas) e moitas das veces creando entre eles estruturas en forma de mallas. A súa cor pode ser parda, amarela, vermella ou negra.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Atopámolo en rochas sedimentarias e metamórficas, en pegmatitas e rochas alpinas. Asóciase frecuentemente co cuarzo e coa hematita.
Os principais produtores deste mineral son Rusia, a India e algúns países de Suramérica. A Antártida contén tamén xacementos de rútilo.
Merecen mención especial os rútilos de Carballo (A Coruña) e Lalín (Pontevedra).
Usos do rútilo
[editar | editar a fonte]O rútilo utilízase para a extracción de titanio, usado para a fabricación de revestimentos de varas de soldadura e como metal especial na industria aeronáutica.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Propiedades físicas
[editar | editar a fonte]O seu punto de fusión é de 2378,2 K. O seu sistema cristalino é o tetragonal pero lixeiramente distorsionado.
Propiedades químicas
[editar | editar a fonte]O rútilo presenta gran resistencia ó ataque de axentes químicos. Só o ácido fluorhídrico e o ácido sulfúrico concentrado logran atacar este mineral.
Outros óxidos
[editar | editar a fonte]A casiterita e a magnetita son outros óxidos importantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rútilo.