REC (filme)
REC | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | REC |
Director | Jaume Balagueró Paco Plaza |
Produtor | Julio Fernández |
Guión | Jaume Balagueró Luis A. Berdejo Paco Plaza |
Intérpretes | Manuela Velasco Ferrán Terraza Jorge-Yamam Serrano Pablo Rosso David Vert Vicente Gil Martha Carbonell Carlos Vicente María Teresa Ortega Manuel Bronchud Akemi Goto Chen Min Kao Maria Lanau Claudia Silva Javier Botet Ben Temple Carlos Lasarte |
Fotografía | Pablo Rosso |
Montaxe | David Gallart |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | 2007 |
Duración | 78 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Terror |
Orzamento | $2 000 000[1] |
Recadación | $32 500 000[2] |
Filme seguinte | REC 2 |
Na rede | |
http://movies.filmax.com/rec/ | |
REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que se estreou no 2007.[3] O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara.
Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película.[4] REC foi rodado cun estilo de metraxe atopada e a técnica da "shaky camera". No 2008, estreouse o seu remake estadounidense, Quarantine.
É o primeiro título da serie REC, que tivo tres secuelas; REC 2 no 2009, REC 3: Génesis no 2012, e REC 4: Apocalipsis no 2014.[5] A compañía española Filmax International foi a responsable da produción da franquía REC e do lanzamento dos catro títulos.[6][7]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cada noite, Ángela (Manuela Velasco), unha xove reporteira dunha televisión local, segue co seu cámara a un grupo profesional distinto. Esta noite tócalle entrevistar ós bombeiros e ten a segreda esperanza de poder ollar en directo un incendio. Pero a noite transcorre placidamente. Nestas, reciben a chamada dunha anciá que quedou pechada na súa casa, e non lle queda outra que seguilos durante a misión de rescate. No edificio onde vive a anciá, os veciños están moi asustados. A muller, encerrada no seu piso, lanza uns berros arrepiantes. Os bombeiros botan abaixo a porta e, seguidos por Ángela e o cámara, atopan á muller sen coñecemento, rodeada polos seus gatos. De súpeto, a muller lánzase sobre un bombeiro e trábao salvaxemente no pescozo. É só o comezo dun longo pesadelo e dunha dramática reportaxe única no mundo: cando os bombeiros se levan ó ferido, descobren que a única saída do edificio está bloqueada por orde das autoridades: o edificio foi posto en corentena e parece que un estraño virus se propaga no seu interior.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Manuela Velasco como Ángela Vidal
- Ferrán Terraza como Manu
- Jorge-Yaman Serrano como Policía xove
- Pablo Rosso como Pablo
- David Vert como Álex
- Vicente Gil como Policía máis vello
- Martha Carbonell como Señora Izquierdo
- Carlos Vicente como Guillem Marimón
- María Teresa Ortega como Avoa
- Manuel Bronchud como Avó
- Akemi Goto como Muller xaponesa
- Chen Min Kao como Home xaponés
- María Lanau como Mari Carmen, nai de Jennifer
- Claudia Silva como Jennifer
- Carlos Lasarte como César
- Javier Botet como Tristana Medeiros
- Ben Temple como Doutor
- Ana Velasquez como Rapaza colombiana
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2007: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellor director, mellor actriz (Manuela Velasco), Premio do Público.
- 2007: 2 Premios Goya: mellor actriz revelación (Manuela Velasco), mellor montaxe. Nomeada ós mellores efectos especiais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hughes, Mark (30 de outubro de 2013). Forbes, ed. "The Top Ten Best Low-Budget Horror Movies Of All Time". Consultado o 27 de decembro de 2014.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Rec (2007)". Consultado o 5 de maio de 2010.
- ↑ "REC (2007)". The New York Times. Consultado o 9 de febreiro de 2015.
- ↑ Filmaffinity, ed. (2002–2013). "OT: la película" (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Miska, Brad (6 de maio de 2013). Bloody Disgusting, ed. "Exclusive: ‘[REC]4 Apocalypse’ Teaser Poster Sees Red!". Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Filmax International, ed. (2013). "[REC]3 GENESIS". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2014. Consultado o 22 de xuño de 2013.
- ↑ Miska, Brad (29 de novembro de 2012). Bloody Disgusting LLC, ed. "Official ‘[REC] 4 Apocalypse’ Teaser Trailer Infects The Web!". Consultado o 22 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)