Rañura de expansión
Aparencia
Unha rañura de expansión,[1] tamén coñecida polo termo inglés slot, é unha fenda, conector, encaixe ou espazo na placa base dun computador, que permite conectar diferentes dispositivos expandido as capacidades do sistema. A súa función é ligar os periféricos ao barramento (en inglés bus), facendo corresponder as velocidades. Nas placas base encóntranse varias rañuras para o encaixe doutras placas (vídeo, son, módem e rede por exemplo).
Exemplos de rañuras
[editar | editar a fonte]- ISA: (Industry Standard Architecture): Que é utilizado para conectar periféricos lentos, como a placa de son e fax módem (16 bits baixa velocidade).
- PCI: Utilizado por periféricos que demanden velocidade, como a placa de vídeo (32 bits, alta velocidade).
- AGP: (Accelerated Graphics Port): Utilizado exclusivamente por interface de vídeos 3D (32 bits, alta velocidade).
- PCI Express: Utilizadas nas placas de vídeo mais modernas, varía de 1X até 32X.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rañura.