Saltar ao contido

Raúl Caneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaúl Caneda

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalRaúl Caneda Pérez
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
O Grove, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Umm-Salal Sports Club

Raúl Caneda Pérez, nado no Grove o 21 de xaneiro de 1969, é un adestrador de fútbol galego, cuxa carreira se desenvolveu principalmente en Oriente Medio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán do tamén adestrador David Caneda,[1] comezou a súa andaina nos bancos como segundo adestrador de Juanma Lillo. Exerceu este labor co técnico vasco no Dorados de Sinaloa, en México; na Real Sociedad e no Almería.[2]

A súa primeira grande experiencia como primeiro adestrador foi no Al Ittihad, club ao que chegou a inicios do 2012. Co equipo saudita clasificouse primeiro no seu grupo da Liga de Campións da AFC e a continuación eliminou en oitavos de final ao Persépolis FC iraniano e en cuartos ao Guangzhou de Marcelo Lippi.[2] A súa aventura na máxima competición asiática acabou nas semifinais, onde foi eliminado polo tamén saudita Al Ahli Saudi FC. En febreiro de 2013, cunha irregular traxectoria en liga, club e técnico acordaron rescindir o seu contrato.[3]

En maio de 2014 regresou ao fútbol saudita para adestrar o Al Nassr de Riad.[3] Foi destituído cinco meses despois, a pesar de ir liderando a liga saudita.[4] Volveu ao club da capital saudita en febreiro de 2016 para substituír a Fabio Cannavaro, e adestrouno ata o final da tempada.[5]

En xaneiro de 2019 converteuse en adestrador do Umm-Salal da liga de Qatar, ao que adestrou até novembro do mesmo ano.[6]

En 1999 publicou o libro La zona en el fútbol, con prólogo de Jorge Valdano, Juanma Lillo e Víctor Fernández.

  1. "Raúl y David Caneda, dos hermanos que conquistan el fútbol de Arabia y México". Diario de Arousa (en castelán). 6 de maio de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Ramiro, Emmanuel (17 de outubro de 2012). "Raúl Caneda: “Estoy ante el partido más importante de mi carrera”" (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Antelo, Iván (3 de maio de 2014). "Raúl Caneda ficha por el Al Nassr". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  4. "النصر يقيل رسميا مدربه الإسباني كانيدا" (en árabe). 1 de novembro de 2014. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  5. "Raúl Caneda ficha por el Al Nassr". Marca (en castelán). 19 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 
  6. "El pontevedrés Raúl Caneda, nuevo entrenador del Umm-Salal Sport Club de Catar". Diario de Pontevedra (en castelán). 4 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]