Saltar ao contido

Race of the Classics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaRace of the Classics
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor em Wikidata

Un navío aportando a Ramsgate durante a Race of the Classics de 2007

Race of the Classics é unha regata de vela que se celebra nos Países Baixos para afeccionados e na que participan estudantes en veleiros clásicos, é a competición máis importante de Europa non profesional para navíos clásicos [1].

Historia[editar | editar a fonte]

A regata comezou en 1989 ideada por un estudante de Ámsterdan, Luc van Laarhoven para promover as relacións sociais entre os estudantes, e que xunto cun amigo de estudos, Dirk-Jan de Graaff, desenvolveu o concepto do que sería a Race of the Classics, que se concretou, despois de varios meses de organización e planificación, nunha regata de cinco días na que participaron catro navíos que tiveron que facer o traxecto entre Scheveningen e Ramsgate e viceversa. O evento foi medrando nos anos anos seguintes, participando sempre non menos de 16 barcos. O comezo da carreira cambiouse cos anos a Ámsterdan e posteriormente a Rotterdam. En cada barco vai un equipo de 15 estudantes dunha facultade ou universidade acompañados polo capitán e unha tripulación experimentada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Race of the Classics 2006 Student". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2008. Consultado o 09 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]