Raquicéntridos
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Rachycentron_canadum.jpg/300px-Rachycentron_canadum.jpg)
Os Raquicéntridos (Rachycentridae) son unha familia de peixes mariños da orde dos Perciformes, propia do Atlántico e Indopacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Presentan un corpo longo, fusiforme ou subcilíndrico (alcanzando talles de 1,5-2 metros e pesos de ata 68 kg), coa cabeza deprimida (ancha e esmagada), ollos pequenos e boca terminal (prognata). A zona superior, lateral e ventral son de cor castaño escuro, con dúas bandas prateadas estreitas ben definidas.
Posúe de 6 a 9 espiñas libres trala cabeza. A aleta dorsal, única, ten 1-3 espiñas e 26-33 radios brandos, e a anal, tamén longa, 2-3 espiñas e 22-28 radios brandos. As pectorais son grandes e a caudal semilunar, co lobo superior máis longo có inferior.
Son peixes peláxicos e normalmente solitarios excepto cando se agrupan para a desova anual, non obstante poden reunirse ó redor de restos de naufraxios, boias, portos e outros elementos estruturais.
Habitualmente viven asociados a arrecifes e nun rango de profundidades de entre 0 e 1.200 m. Aliméntanse de crustáceos, luras e outros peixes, e pode seguir a tiburóns, tartarugase raias manta para aproveitar os restos das súas presas. Péscanse para consumo humano aínda que o seu valor comercial é escaso. Os grandes exemplares son estimados na pesca deportiva.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Só comprende un único xénero, Rachycentron, que á súa vez só comprende unha única especie, Rachycentron canadum, coñecido como cobia [1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Outros nomes populares, peixe pau, bacallau ou bonito negro, fan alusión á semellanza coas especies así chamadas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Raquicéntridos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Raquicéntridos |