Radio Juventud (Monforte de Lemos)
Radio Juventud EFJ 48 | |
---|---|
Tipo | Emisora de radio |
Data de fundación | 1953 |
Data de disolución | 1989 |
Organización matriz | Cadena Azul de Radiodifusión |
Organización relacionada | La Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte CES 17 |
Sede | Monforte de Lemos |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio Juventud, co indicativo EFJ 48, foi unha emisora de Monforte de Lemos integrada na Cadena Azul de Radiodifusión que existiu entre 1953 e 1989.
Historia
[editar | editar a fonte]A finais do ano 1953 comezaron as probas técnicas da radio cun equipo emisor de 50 watts cedido pola Radio Juventud da Coruña. Esta emisora foi fundada seguindo a liña das estacións escolas de Frente de Juventudes, coas que pretendía formas a futuros profesionais da
La Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte CES 17 | |
---|---|
Tipo | Emisora de radio |
Data de fundación | 1966 |
Data de disolución | 1978 |
Organización matriz | Cadena de Emisoras Sindicales |
Organización relacionada | Radio Juventud (Monforte de Lemos) EFJ 48 |
Sede | Monforte de Lemos |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
radiodifusión. As emisións regulares comezaron o 1 de marzo de 1954 ás 20.30 horas coa reprodución do Cara al Sol, o Himno Nacional de España e oración do Angelus.[1]
En 1966 foi transferida a Cadena de Emisoras Sindicales (CES), outra das redes de radio do Movimiento Nacional, polo que foi renomeada como La Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte e adoptando o indicativo CES 17.[2] Coa fusión das redes de emisoras de CES, REM e CAR en Radiocadena Española, en 1978, a emisora quedou dentro desta nova organización, ata que, en 1989, foi absorvida por Radio Nacional de España, retransmitindo a sintonía de Radio 5. En 1991, Radio Nacional de España pechou os estudios en Monforte, herdados da antiga Radio Juventud.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Radio Juventud, la primera emisora de Monforte". El Progreso de Lugo (en castelán). 2023-03-04. Consultado o 2023-04-14.
- ↑ Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. p. 215. ISBN 84-89947-73-2.
- ↑ "Nostalgia de los discos dedicados". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-12-28. Consultado o 2023-04-14.