Radiotelevisión del Principado de Asturias
A Radiotelevisión del Principado de Asturias (RTPA) é un ente público de comunicación pertencente ao Principado de Asturias e creado en 2005. Está formado polas sociedades Televisión del Principado de Asturias e Radio del Principado de Asturias, SA. A televisión comezará as súas emisións regulares a mediados de 2006 para toda Asturias. Tamén ten pensado lanzar un periódico dixital. O seu director é Xosé Ramón Pérez Orni.
Estrutúrase en tres órganos:
- Consejo de Administración
- Consejo de Comunicación
- Dirección General
Ten as súas dependencias na Universidade Laboral de Xixón.
Historia
[editar | editar a fonte]A TPA realizou a súa primeira emisión en probas o 20 de decembro de 2005 as 21 horas. O sábado 7 de xaneiro comezou as súas retransmisións deportivas co partido de fútbol entre o Real Sporting de Xixón e o Racing de Ferrol, aínda co sinal cedido pola TVG. Ao día seguinte, desde o estadio Municipal de Miramar, prodúcese a primeira emisión con produción propia, neste caso do partido que enfrontou ao Marino de Luanco e a Cultural de Durango. Durante os primeiros meses, tódalas fins de semana retransmitían partidos do Real Sporting de Xixón, Marino de Luanco e do Real Oviedo, normalmente os partidos locais. Todas estas producións están subcontratadas a produtoras privadas.
Ao comezo xerou unha gran crispación ó non emitir programas en asturiano. Posteriormente engadiu uns poucos programas en asturiano e esporadicamente no galego de Asturias.
A baixa calidade dos seus programas e que a grella de prime time diaria sexa idéntica durante tódolos días aumentou esta crispación.
O 9 de xuño de 2006 comezou as súas emisións regulares cubrindo un horario reducido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radiotelevisión del Principado de Asturias |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina da RTPA (en castelán)
- Páxina da RTPA (en asturiano)