Radviliškis
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Lituania | ||||
Condado da Lituânia (pt) ![]() | Šiauliai (pt) ![]() | ||||
District municipality of Lithuania (en) ![]() | Radviliškis District Municipality (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.112 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17,32 km² ![]() | ||||
Altitude | 117 m-124 m ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | radviliskis.lt ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Radviliškis é unha cidade do distrito municipal de Radviliškis de 17254 habitantes (2011), pertencente ao condado de Šiauliai County en Lituania. Radviliškis é o centro administrativo do distrito desde 1950, e mais é un importante nó ferroviario.
Historia[editar | editar a fonte]
Radviliškis fundouse a fins do século XV e menciónase por vez primeira en 1567. En 1687, Jan Sobieski, o rei de Lituania e Polonia, deulle o dereito a manter un mercado.
Entre os séculos XVII e XIX tanto forzas militares, como pragas e a fame devastaron a cidade varias veces e así tras a peste de 1708–1710 a cidade quedou deshabitada.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/2M62_in_Lithuania.jpg/220px-2M62_in_Lithuania.jpg)
A localidade gradualmente volveu medrar e en especial coa construción en 1870 da liña de ferrocarril entre Liepāja e Romny que cruzaba a cidade, á que se engadiu en 1873 a liña de Radviliškis a Daugavpils. Nesa época a maioría dos residentes eran traballadores do ferrocarril.