Rafael Lareo Mallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1900 Santiago de Compostela, España |
Morte | 17 de abril de 1937 (36/37 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | intérprete, sindicalista |
Membro de | |
Rafael Lareo Mallo, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado en Vigo o 17 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tradutor, en 1929 aprobou os exames para gardas municipais intérpretes da Coruña.[1] En febreiro de 1932 foi expulsado do corpo da Garda Municipal con Juan Santiago Alamo Manzano.[2] En xuño de 1934 foi detido na Coruña por unha pelexa.[3] En abril de 1935 aprobou a oposición para intérprete do Concello de Vigo.[4] Veciño de Lavadores, foi directivo do sindicato de oficios varios da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo por rebelión militar. Foi condenado a pena de morte e executado ás 11 horas do 17 de abril de 1937 con Rogelio Arjones, Moisés Pereira Figueras e Ricardo Solla Lemos, nas inmediacións do castelo do Castro.[5]