Rafael Sánchez López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1991 ![]() Bullas, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol, futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Rafael Sánchez López, nado en Bullas o 29 de xaneiro de 1991, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Club Deportivo Bullense da súa localidade natal, chegando a debutar co primeiro equipo en Preferente. Máis tarde foi á universidade en Murcia, e na capital da rexión entrou a xogar no Plus Ultra, club da Terceira División. Nesa época compaxinaba a súa faceta de xogador coa de árbitro de fútbol base, ata que pasou a arbitrar en categorías rexionais do fútbol sénior, momento no que deixou de xogar.[1] Foi subindo por diferentes categorías e arbitrou na Segunda División B entre 2015 e 2020, ano no que conseguiu o acenso a Segunda.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrevista a Sánchez López, árbitro murciano de Segunda" (en castelán). 18 de setembro de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "El árbitro murciano Rafael Sánchez López asciende a Segunda División" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do árbitro en BDFutbol (en castelán).