Raimundo Cal Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1914 Redondela, España |
Morte | 22 de xaneiro de 2003 (88 anos) Redondela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Saturno Cal Muíños |
Irmáns | Avelino Cal Fernández |
Raimundo Jorge Nicolás Cal Fernández, nado en Redondela o 22 de setembro de 1914 e finado no mesmo concello o 22 de xaneiro de 2003, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Saturno Cal Muíños. Na Segunda República formou parte da Xuventudes Socialistas, Izquierda Republicana e Partido Galeguista. Foi elixido responsábel de propaganda das Mocidades Nazonalistas para Pontevedra en xaneiro de 1936. Despois da guerra foi mestre (1941) e directivo do Casino. En 1948 foi detido acusado de participar no Socorro Rojo, sendo condenado a nove anos de prisión. Preso na Prisión do Partido de Vigo, saíu en liberdade vixiada en 1950.[1] Reintegrouse á súa profesión de mestre e estivo destinado na provincia de Logroño sete anos. Á volta foi mestre en Ponteareas, O Viso e Reboreda. En 1973 participou na creación da Asociación de Veciños de Redondela. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas polo PCE e foi elixido concelleiro. Finou en Redondela o 22 de xaneiro de 2003.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 8-7-1950, p. 2974.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-1-2003, p. 12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 282–284. ISBN 84-8485-090-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Raimundo Cal Serie Historias de Vida