Raimundo IV de Trípoli
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1170 |
Morte | 1199 (Gregoriano) (28/29 anos) |
Actividade | |
Ocupación | rexente |
Outro | |
Título | Conde de Trípoli (1187–1189) |
Familia | Ramnúlfidos |
Cónxuxe | Alice of Armenia (1195 (Gregoriano)–1199 (Gregoriano)) |
Fillos | Raymond-Roupen |
Pais | Bohemundo III el Tartamudo e Orgueilleuse de Harenc |
Irmáns | Bohemundo IV el Tuerto |
Raimundo IV de Trípoli, finado en 1199, foi conde de Trípoli (1187-1189 ) e príncipe rexente de Antioquía (1193-1194).[1] Era o fillo máis vello de Bohemundo III, príncipe de Antioquía e Orgueilleuse de Harenc.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O conde de Trípoli, Raimundo III de Trípoli, morreu sen fillos en 1187 e, por ser o seu afillado,[2] legoulle o seu condado. Pero dous anos despois, seu pai, Bohemundo III prefiriu chamalo ao seu carón e nomealo herdeiro do principado de Antioquía polo que colocou a seu fillo máis novo, Bohemundo I de Trípoli (o futuro Bohemundo IV de Antioquía), como conde de Trípoli.[3]
Crise co reino armenio de Cilicia
[editar | editar a fonte]O seu pai entrou en disputa co rei de Armenia Menor, León I, por mor do castelo de Bagras, que o armenio conquistara aos musulmáns, pero que antes fora propiedade do principado de Antioquía e, polo tanto, reclamoullo. León I, non só non lle devolveu a Bagras senón que tamén o encarcerou facéndolle crer que o chamaba para discutir o asunto.
Durante a catividade do seu pai, Raimundo foi rexente do Principado de Antioquia.[1] Para liberalo, o rei armenio pediulle a cambio do goberno de Antioquía, e este aceptou, pero a cidade, constituída en comuna baixo a dirección do patriarca Eimerico de Limoges, negouse a facer o que lle pedían. Dixéronlles que a comuna de Antioquia só recoñecía a autoridade de Raimundo até o regreso de Bohemundo.[4]
A solución a esta crise chegou, polo 1195, co matrimonio entre Raimundo coa princesa Alicia de Armenia, sobriña de Léon e filla de Rubén III de Armenia.[5] Para casar, pediron permiso ao rei de Xerusalén, Henrique I, que accedeu cando o tío de Alicia liberou o pai de Ramón, o príncipe Bohemundo III. Tiveron un fillo, Raimundo Rubén de Antioquía[6] (nado en 1199, e finado en 1221), a quen moitos consideraron o lexítimo herdeiro ao trono e que loitou pola súa herdanza como neto de Bohemundo III.[7] Raimundo IV morreu en 1199, pouco despois de ter o seu fillo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burgtorf, Jochen (2016). "The Antiochene war of succession". En Boas, Adrian J. The Crusader World (en inglés). Abingdon, Oxfordshire: Routledge, Taylor & Francis Group. pp. 196–211. ISBN 9780415824941.
- Grousset, René (1949 (reimpresión en 1979)). L'Empire du Levant : Histoire de la Question d'Orient. Colección: Bibliothèque historique (en francés). París: Ed.Payot. ISBN 978-2-228-12530-7.
- Hardwicke, Mary Nickerson (1962). "The Crusader States, 1192–1243". En Wolf, Robert Lee; Hazard, Harry H. A History of the Crusades (en inglés). Volume 2: The Later Crusades, 1189-1311. Filadelfia, PA: University of Pennsylvania Press. pp. 522–556. ISBN 978-1-5128-1956-4. JSTOR j.ctv4s7mwv.24.
- Lock, Peter (2006). The Routladge Companion to the Crusades (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-39312-6.
- Runciman, Steven (1989a). A History of the Crusades (en inglés). Vol. II: The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6.
- Runciman, Steven (1989b). A History of the Crusades (en inglés). Vol. III: The Kingdom of Acre and the Later Crusades. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Raimundo III de Trípoli |
Conde de Trípoli 1187-1189 |
Sucesor: Bohemundo IV de Antioquía |
Predecesor: Bohemundo III de Antioquía |
Rexente de Antioquia 1193-1194 |
Sucesor: Bohemundo III de Antioquía |