Raio covalente
Aparencia
En química, chámase raio covalente á metade da distancia entre dous átomos iguais que forman un enlace covalente. Adoita expresarse en picómetros (pm) ou ángstroms (Å), sendo 1 Å = 100 pm.
A suma de dous raios covalentes debería se-la lonxitude do enlace covalente entre os dous átomos. Non obstante, esta relación non se cumpre de forma exacta xa que o tamaño dun átomo non é constante, depende da contorna química na que se atope. Xeralmente a lonxitude do enlace covalente tende a ser menor cá suma de raios covalentes, polo que en consecuencia os valores tabulados de raios covalentes que se poden atopar nas bibliografías son valores idealizados ou promediados.
![]() |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |