Rally de Pontevedra de 1985
Tipo | edición de rally ![]() |
---|---|
Parte de | Rally de Pontevedra e Tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally ![]() |
Número de participantes | 43 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Número de edición | 2 (1985) ![]() |
O Rally de Pontevedra de 1985 foi a segunda edición de dito rally, así como a última proba da tempada 1985 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 7 de decembro de 1985 e o vencedor foi o mexicano Ricardo Gallardo, a bordo dun Porsche 911 SC.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]O campionato galego chegou á última proba co título xa decidido a favor de José Mora e o seu copiloto Luís Moya, polo que estes non tomaron a saída, como tampouco o fixeron Carlos Piñeiro nin José Luis Vilanova.[2]
O ourensán Peitos, cun Alfa Romeo GTV, comezou liderando a proba, pero tivo que retirarse no terceiro treito, despois de saírse da estrada. Ao chegar a Cangas, o tamén ourensán Alfonso Pavón lideraba a proba co seu Renault 5 GT Turbo, con 24 segundos de vantaxe sobre o mexicano afincado en Pontevedra Ricardo Gallardo. Tras eles chegaban Enrique Fernández "Vila", tamén cun GT Turbo e Carreira e Obdulio Fernández "Lute", ambos con SEAT 124 FL 90.
Nos últimos tres treitos Gallardo recortou as diferenzas con Pavón ata poñerse por diante e gañar o rally. Con todo, a Pavón o segundo posto serviulle para proclamarse subcampión galego por detrás de Mora. O ourensán "Vila" completou o podio.[1] Entre os SEAT Panda o vencedor foi José María Magdaleno, mentres que José Pereira chegou segundo, proclamándose vencedor do Trofeo Panda 1985.[1]
A carreira disputouse cunha intensa choiva que provocou numerosos abandonos, entre eles os de Peitos, Lute, Manuel Balado e Javier Arosa. Só 23 vehículos chegaron á meta.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
Porsche 911 SC | |
2 | ![]() |
Renault 5 GT Turbo | a 8'' | |
3 | ![]() |
Renault 5 GT Turbo | ||
4 | ![]() |
SEAT 124 FL 90 | ||
5 | ![]() |
Talbot Horizon | ||
Abandonos | ||||
- | ![]() |
Alfa Romeo GTV | - | |
- | ![]() |
SEAT 124 FL 90 | - | |
- | ![]() |
Talbot Samba Rallye | - | |
- | ![]() |
SEAT Panda 45 | - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Arévalo, Fernando (9 de decembro de 1985). "Gallardo se adjudicó el rally de Pontevedra y Pereira ganó el campeonato gallego «Panda»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 30.
- ↑ Arévalo, Fernando (4 de decembro de 1982). "Rally de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42.
Predecesor: Rally da Coruña |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1985 |
Sucesor: - |