Ramón Artola
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1831 Tolosa, España |
Morte | 20 de agosto de 1906 (74 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Fillos | Pepe Artola, Rosario Artola |
Ramón Antonio Artola Larrañaga, nado en Tolosa o 31 de agosto de 1831 e finado en Donostia o 20 de agosto de 1906, foi un poeta vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de María Antonia Larrañaga Ganuza e de Antonio Artola Etxeberria, era o fillo máis novo dos cinco que tivo a parella e recibiu, como era costume na época, o nome dun irmán anterior que nacera morto. Casou a finais de 1858 con Manuela Elizetxea Altzelai, natural de Donostia, e o matrimonio instalouse na localidade natal dela. Tiveron dous fillos Rosario e Pepe, tamén poetas. Traballou como fontaneiro e pintor[1]. Socio fundador en 1870 da Unión Artesana presidiuna en 1884[2]. Foi voluntario liberal durante a terceira guerra carlista e defendeu a cidade do asedio carlista a Donostia, coincidindo entre outros con Bilintx ou Serafin Baroja.
Obra
[editar | editar a fonte]Os seus primeiros poemas publicounos no Cancionero Vasco de José Manterola e logo continuou a publicar ao longo da súa vida na prensa, principalmente en Euskal-Erria. Tamén escribiu moitas letras de cancións para as comparsas donostiarras.
Xa postumamente publicouse o seu primeiro, foi en 1909 Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran e en 1961 Antonio Zavala publicou unha selección da súa obra, Sagardoaren graziya ta beste bertso asko. Nos dous volumes de Ipuiak edo kontutxoak recolléronse os seus contos e fábulas en verso[3].
Libros
[editar | editar a fonte]- Gipuzkoa-ko Probintziaren kondaira laster bat Españiako beste zenbait pasarterekin. Itz neurtuzko moldaeran (1909, J. Baroja)
- Sagardoaren graziya eta beste bertso asko (1961, Auspoa)
- Ipuiak edo kontutxoak I (1995, Auspoa)
- Ipuiak edo kontutxoak II (1995, Auspoa)
- Sagardoaren graziya II (2003, Gipuzkoako Foru Aldundia)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tellería Tapia, Mikel Gotzon (2011) Enciclopedia General de Tolosa. Zazpiko Kultur Elkartea, p. 115
- ↑ José María Sada (2002) Historia de la ciudad de San Sebastián a través de sus personajes. Alberdania, 2002, p. 53
- ↑ "Artola Larrañaga, Ramón". Auñamendi Eusko Entziklopedia