Ramón Barreiro Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 Sisán, España |
Morte | 15 de setembro de 1936 (18/19 anos) Portela, España |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo |
Lugar de sepultura | fosa no cemiterio de Curro (–2009) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Ramón Barreiro Rodríguez, nado en Sisán (Ribadumia) en 1917 e finado en Portela o 15 de setembro de 1936, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Publicou poemas e caricaturas en La Hora. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nun muíño da parroquia de Armenteira. Os seus pais foron torturados para que confesasen o seu paradoiro. Ao pai rompéronlle as pernas dunha malleira no cuartel da Garda Civil e a súa nai foi violada, cegárona con ácido e rapáronlle o pelo, e a causa das torturas faleceu pouco despois. Foi delatado por un cuñado do seu pai. Detido, foi asasinado con Castor Cordal Garrido nun eucaliptal a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa en Portela. Os asasinos levaron os corpos atados a unha escada de man e soterráronos destras do adro da igrexa de Curro. Antes de soterralo cortáronlle un dedo para apoderarse dun anel. Os cadáveres foron exhumados en outubro de 2009.[1][2]
O seu irmán foi mobilizado polas tropas golpistas e pasouse ao bando leal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Elena Larriba (22 de outubro de 2009). "Setenta y tres años después". La Voz de Galicia.
- ↑ "Ramón Barreiro y Castor Alonso, identificados 74 años después". La Voz de Galicia. 28 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fajardo, Montse (2015). "Por agora sigo vivo". Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Vilagarcía: Autor-editor. pp. 61–67. ISBN 978-84-608-1274-6.
- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 91–92. ISBN 978-84-7680-692-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Elena Barreiro Torres (21 de marzo de 2010). "Mi tío y Cordal eran personas, pero estaban enterrados como animales". Faro de Vigo.
- Jabois, M. (25 de outubro de 2009). "Aquí tuteamos a todo cristo". Diario de Pontevedra.