Saltar ao contido

Ramón Bermúdez de Castro Plá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Bermúdez de Castro Plá
Biografía
Nacemento1881 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de marzo de 1972 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGaldo Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Lugo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1204454 BUSC: bermudez-de-castro-y-pla-ramon

Ramón Bermúdez de Castro Plá, nado en Viveiro en 1881 e finado na Coruña o 22 de marzo de 1972,[1] foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coronel de Cabalería. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado Delegado Gobernativo de Coruña-Carballo en novembro de 1925[2] e Gobernador civil da provincia de Lugo en novembro de 1928,[3], cesando en febreiro de 1930.[4]. Coa chegada da Segunda República solicitou o retiro e foi o primeiro presidente de Renovación Española. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado outra vez Gobernador civil de Lugo (1936-1937). Foi comandante militar de Astorga (1939), presidente da Caixa de Aforros da Coruña e Lugo e presidente da Confederación de Caixas de Aforro (1965).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Está soterrado en Galdo (Viveiro).

  • Ideas e ideales de la diferenciación nacional, 1948.
  • El amor a la patria, 1950.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Medalla ao Mérito na categoría de ouro do Concello da Coruña.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1910 con María Dolores Rebellón Basanta e foi pai de Concepción, Alfredo, Dolores e Fernando Bermúdez de castro Rebellón.[5]

  1. ABC, 28-3-1928.
  2. El Compostelano, 3-11-1925, p. 3.
  3. El Regional, 3-11-1928, p. 3.
  4. Las Riberas del Eo, 8-2-1930, p. 6.
  5. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-3-1972, p. 23.