Saltar ao contido

Ramón Bou Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Bou Gil
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1898 Editar o valor en Wikidata
La Mata de Morella, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Piñeira, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2701

Ramón Bou Gil, nado en La Mata (Castelló) o 14 de decembro de 1898 e finado en Piñeira (Monforte de Lemos) o 16 de agosto de 1936, foi un mestre e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aprobou as oposicións de maxisterio en 1934.[1] Mestre en Castillón. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Pantón. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas e asasinado en Piñeira o 16 de agosto de 1936 xunto con Manuel Castro Álvarez e José Ramón González Vidal. Abriuse a causa militar 1327/36 contra elementos das forzas da orde pola súa morte, que foi sobresida. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ana María Carrillero.[3]

  1. El Magisterio Español, 4-8-1934, p. 12.
  2. BOP Lugo, 27-9-1941, p. 1.
  3. El Progreso, 10-11-1936, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]