Ramón Cid
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1954 ![]() Donostia, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | atleta, saltador de triplo salto ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | Triplo salto ![]() |
Participou en | |
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 ![]() |
![]() ![]() |
Ramón Cid Pardo, nado en San Sebastián o 15 de agosto de 1954,[1] é un exatleta español especiaizado na disciplina de triplo salto que, desde 2013, ocupa o cargo de director técnico e seleccionador da Real Federación Española de Atletismo (RFEA).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cid, na súa etapa como atleta, foi triplista e, segundo o periodista Carlos Arribas de El País, o mellor de España na súa época.[3]
Nos últimos anos antes de ocupar o seu cargo como director técnico da RFEA foi o responsábel dos saltadores.[3]
Sucedeu a José María Odriozola, quen ocupara o cargo durante 24 anos.[3]
No Campionato Europeo de Atletismo celebrado do 6 ao 12 de agosto de 2018 no Estadio Olímpico de Berlín, a selección española conseguiu 8 medallas:[4]
- Dúas de ouro (os marchadores María Pérez García e Álvaro Martín),
- Dúas de prata (o obstaculista Fernando Carro e o marchador Diego García Carrera), e
- Catro de bronce (a triplista Ana Peleteiro, a marchadora Julia Takacs, o valadista Orlando Ortega e os relevistas de 4x400.[5]
Ademais, a selección española acadou o cuarto posto na clasificación por puntos, por detrás de Alemaña, Reino Unido, Polonia e Francia.[4][5]
No outono de 2018 deixou a dirección técnica da RFEA[6] e continuou o seu traballo como adestrador particular.
Marcas persoais como triplista
[editar | editar a fonte]Pista cuberta
[editar | editar a fonte]- 1 de outubro de 1980: 16,69 m, Madrid.
- 11 de setembro de 1979: 16,71 m, Cidade de México.[1]
Aire libre
[editar | editar a fonte]- 1 de marzo de 1980: 16,36 m, Sindelfingen (Alemaña).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ramon Cid Perfil na web da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF),
- ↑ Web da RFEA Arquivado 22 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Prefiero cero medallas a medallas que huelan mal", El País, 24-02-2013.
- ↑ 4,0 4,1 European Athletics Championships. Medals. Placings.
- ↑ 5,0 5,1 Felicidad y amargura del atletismo español en Berlín. El País, 14-08-2188.
- ↑ Arribas, Carlos (2018-10-07). "La marcha de Ramón Cid, un atletismo que se acaba". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-08.