Ramón Fernández Fernández-Mosquera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1912 Caldas de Reis, España |
Morte | 25 de decembro de 1977 (65 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xuíz, xornalista, escritor |
Ramón Fernández Fernández-Mosquera, coñecido como Ramón F. Fernández, nado en Caldas de Reis o 18 de abril de 1912 e finado na Coruña o 25 de decembro de 1977,[1] foi un maxistrado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1933. Dirixiu Scientia, órgano da Federación Gallega de Estudiantes Católicos en 1930 e a segunda época da revista Abrente entre 1933 e 1934 e foi correspondente e colaborador de varios xornais. Ingresou na maxistratura en 1944 e foi xuíz de primeira instancia de Padrón, maxistrado de Palencia, Palma e Santiago de Compostela e maxistrado da Audiencia Territorial de Cáceres e despois da da Coruña.[2] Escribiu as novelas Roble al viento (1934), El hombre que escapó de un tapiz (1949), Tres personajes y al final el autor (1949) e Ifigenia se cayó en el agua; tamén é autor do ensaio Análisis de la mujer marginada e inadaptada (1976). Colaborou en ABC, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Nordés.
Obras
[editar | editar a fonte]- Roble al viento, 1934.
- El hombre que escapó de un tapiz, 1949.
- Tres personajes y al final el autor, 1949.
En 2016 editouse a súa Obra literaria completa en dous volumes.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Teresa Otero Soto e foi pai de Ramón, Juan, Miguel e Alejandrina Fernández Otero.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "FERNÁNDEZ Y FERNÁNDEZ MOSQUERA, Ramón". Gran Enciclopedia Gallega 12. Silverio Cañada. 1974. p. 55. ISBN 84-7286-046-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Braxe, Lino (27/5/2013). "Ramón F. y Fernández-Mosquera" La Opinión Coruña.