Ramón José Estévez Cabanas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (71/72 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | químico |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela, catedrático (2003–) |
Ramón José Estévez Cabanas, nado na Estrada en 1953[1], é un químico galego, catedrático de Química orgánica da universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudos
[editar | editar a fonte]Fixo os seus estudos de Química na universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1975. Na mesma universidade cursou os estudos de doutoramento baixo a dirección dos profesores Luís Castedo Expósito e Rafael Suau, acadando o título de doutor en 1979. Realizou diversas estancias posdoutorais na universidade de Oxford, traballando no grupo do profesor George W. J. Fleet. En 1984 accedeu á condición de profesor titular numerario de Química orgánica na facultade de Química da universidade de Santiago, e en 2003 á de catedrático.[2]
Labor investigador
[editar | editar a fonte]O seu interese pola valorización da investigación e o emprendemento universitario levouno a participar na creación de dúas empresas de base tecnolóxica xurdidas na USC ("Galchimia" e "AMSlab"). Foi vicepresidente e presidente do Grupo de Hidratos de Carbono de la Real Sociedad Española de Química. Na actualidade é decano da Facultade de Química da USC, así como coordinador do mestrado Interuniversitario en Química Avanzada, do mestrado Interuniversitario en Química Orgánica e do Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química, que recibiu a Mención hacia la Excelencia do Ministerio de Educación.[2]
Xunto con Juan Carlos Estévez Cabanas é investigador principal do grupo Química de Carbohidratos: Novas Aplicacións en Química Biolóxica e Ciencia de Materiais na USC, grupo químico-sintético que centra os seus traballos actuais fundamentalmente no desenvolvemento de sínteses sinxelas e eficientes de compostos carbocíclicos e heterocícliclos altamente funcionalizados partindo de produtos comerciais, naturais ou non, así como as aplicacións destes compostos, de alto valor engadido, tanto no campo da Química Biolóxica coma na dos Materiais Moleculares (compostos bioloxicamente activos, foldámeros, catalizadores quirais e outros materiais).[3]
Principais publicacións
[editar | editar a fonte]As principais publicacións do grupo antecitado son:[3]
- Treus, Monica; Harwood, Laurence M.; Estévez, Juan C.; Salas, Cristian; Drew, Michael G. B.; Estévez, Ramon J. (2013): "Intramolecular Diels–Alder Furan-Mediated Synthesis of 8-Aryl-3,4-di-hydroisoquinolin-1(2H)-ones, Convenient Precursors of Indeno[1,2,3-ij]isoquinolines", Synlett 24 (17): 2221-2224.[4]
- J. M. Otero, J. C. Barcia, C. O. Salas, P. Thomas, J. C. Estévez, R. J. Estévez (2012): "Studies on the Michael addition of naphthoquinones to sugar nitro olefins: first synthesis of polyhydroxylated hexahydro-11H-benzo[a]carbazole-5,6-diones and hexahydro-11bH-benzo[b]carbazole-6,11-diones", Tetrahedron 68: 1612-1621.[5]
- J. M. Otero, F. Fernández, J. C. Estévez, R. Nash, R. J. Estévez (2012): "A Nitro Sugar-Mediated Stereocontrolled Synthesis of β2-Amino Acids: Synthesis of a Polyhydroxylated trans-2-Aminocyclohexanecarboxylic Acid",[6] Eur. J. Org. Chem., 15: 2969-2979.[7]
- Martínez, A.; Conde, E.; Moure, A.; Domínguez, H.; Estévez, R. J. (2012): "Protective effect against oxygen reactive species and skin fibroblast stimulation of Couroupita guianensis leaf extracts", Nat. Prod. Res. 26: 314-322.[8]
- G. R. Soengas, A. Estévez, J. C. Estévez, R. J. Estévez. C. R. "An overview on the synthesis of furanoid and pyranoid sugar - and β-amino acids and related aminocycloalkanecarboxylic acids from carbohydrates",· Comptes Rendus 14 (2)): 313-326.[9]
- F. Sussman, J. M. Otero, M. C. Villaverde, M. Castro, J. L. Domínguez, L. González-Louro, R. J. Estévez, J. C. Estévez (2011): "On a Possible Neutral Charge State for the Catalytic Dyad in β-Secretase When Bound to Hydroxyethylene Transition State Analogue Inhibitors", J. Med. Chem. 54 (8): 3081-3085.[10]
- M. Treus, C. O. Salas, M. A. González, J. C. Estévez, R. A. Tapia, R. J. Estévez (2010): "(Z)-Ethyl 2-phenyl-1-(2-vinylphenyl)vinylcarbamates. Part 1: Synthesis and preliminary studies on their divergent transformation into benzo[c]phenanthridines and 2-phenyl-1,4-naphthoquinones", Tetrahedron 66 (52): 9986-9995.[11]
- Fernández, M.; Salas, C. O.; Estévez, J. C.; Estévez, R. J. (2010): "Studies on the Chemistry of 2-[3-(2-Nitrophenyl)-2-oxopropyl]benzaldehydes: Novel Syntheses of 5H-Benzo[b]carbazole-6,11-diones and Indolo[1,2-b]- isoquinoline-6,11-diones", Synthesis 43: 2495-6.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramón José Estévez Cabanas toma posesión do seu cargo como decano da facultade de Química". La Voz de Galicia. 3 de outubro de 2006.
- ↑ 2,0 2,1 USC. Seminario CIQUS. Centro Singular de Investigación en Quimica Biolóxica e Materiais Moleculares.
- ↑ 3,0 3,1 USC. Grupos de investigación. Estévez, Ramón J. – Estévez, J. Carlos
- ↑ Resumo.
- ↑ Resumo.
- ↑ Dedicated to the memory of Professor Rafael Suau.
- ↑ Resumo.
- ↑ Resumo.
- ↑ Resumo.
- ↑ Resumo.
- ↑ Resumo.
- ↑ Resumo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina persoal Arquivado 27 de maio de 2014 en Wayback Machine. en Grupo Especializado de Hidratos de Carbono de la Real Sociedad Española de Química. (en inglés)
- Centro Singular de Investigación en Quimica Biolóxica e Materiais Moleculares.