Saltar ao contido

Ramón Lojo Agrelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Lojo Agrelo
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1905 Editar o valor en Wikidata
A Boliña, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortefusilamento, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4337

Ramón Lojo Agrelo, nado na Boliña (Boiro) o 3 de agosto de 1905[1] e finado en Boisaca (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1937, foi un labrego galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi un dos promotores da sociedade agraria La Fraternidad.[1] Foi detido pola súa actividade sindicalista tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e sinalado por recadar armas para o comité defensa da República en agosto de 1936.[1] Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 1 de febreiro de 1937 xunto con Juan Outeiral, José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Bautista Torrado Rivadulla, Braulio Castro Gallardo e Rodrigo Álvarez Gantes e condenados a morte,[2][3] foron fusilados no cemiterio de Boisaca o 23 de febreiro de 1937.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O BNG de Boiro recordou a Ramón Lojo Agrelo no Día da Galiza Mártir de 2015 e o seu nome foi inscrito no monumento que conmemora os represaliados do concello na rotonda de Cimadevila.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Taragoña con María Concepción Saborido Brea.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "O BNG recordou a Ramón Lojo, asasinado no ano 1937". La Voz de Galicia. 19-08-2015. Consultado o 14-11-2024. 
  2. El Diario de Pontevedra, 2-2-1937, p. 2.
  3. 3,0 3,1 Rodríguez Gallardo, Antón (2022). "Fusilamentos en Boisaca e penas de prisión tras consellos de guerra" (PDF). A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común. Deputación da Coruña. p. 261-262. ISBN 978-84-9812-394-4. Depósito legal: C-385-2022. 
  4. Os paseados en Rianxo (1936-1939) 2022, Ramón Lojo Agrelo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]