Saltar ao contido

Ramón Outerelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Outerelo
Biografía
Nacemento1861 Editar o valor en Wikidata
Provincia de Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de decembro de 1921 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Río Chico, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor en Wikidata

Ramón Outerelo, nado na provincia de Pontevedra en 1861 e finado en Río Chico, Santa Cruz, o 2 de decembro de 1921, foi un anarcosindicalista galego, que tivo relevancia durante a chamada Patagonia rebelde, as folgas rurais que se produciron na Patagonia entre 1920 e 1922 e na que centos de traballadores foron asasinados. Tras participar na organización das folgas xunto ao Gallego Antonio Soto, foi executado polas tropas do tenente coronel Varela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en 1861 nunha aldea da provincia Pontevedra, emigrou á Arxentina en 1905, a bordo do buque Atlantique. Instalouse en Puerto Santa Cruz, na provincia de Santa Cruz, onde traballou nun hotel.[1]

De ideas anarquistas, foi líder sindical e representante da Sociedad Obrera de Río Gallegos.[1] Tivo un papel destacado nas folgas obreiras que se produciron na rexión dende 1920, colaborando estreitamente co tamén galego Antonio Soto e facendo de enlace co mesmo Soto no sur, con Albino Argüelles no centro e co célebre José Font, alcumado Facón Grande, no norte.[1] En novembro de 1921 marchou á fronte dunha columna de 400 folguistas, cos que ocupou a localidade de Paso Ibáñez (chamada hoxe en día Comandante Luis Piedrabuena). Os traballadores pedían a liberdade dos compañeiros presos e deportados e o cumprimento das condicións laborais asinadas coa patronal uns meses antes.[1]

Outerelo pediu parlamentar con Héctor Benigno Varela, o tenente coronel que estaba á fronte das tropas do exército enviadas polo goberno arxentino para acabar coas protestas. Varela ofreceu só unha posibilidade, a rendición incondicional. As tropas comezaron entón a asasinar aos traballadores e Outerelo fuxiu cara a Cañadón León (hoxe Gobernador Gregores) en busca dos grupos de Puerto San Julián, concentrándose na facenda Bella Vista, en Río Chico. Alí foi alcanzado polas tropas do tenente coronel Varela e executado o 2 de decembro de 1921.[2][3][4]

En 2008 inaugurouse un monumento en lembranza de Ramón Outerelo na localidade de Puerto Santa Cruz, obra da escultora Ruth Viegener.[5][6] Foi interpretado polo actor Osvaldo Terranova no filme de 1974, La Patagonia rebelde.


  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Pérez Leira, Lois (2009). Antonio Soto. Desde Ferrol al fin del mundo (PDF) (en castelán). Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo, S.L. ISBN 978-84-936759-3-6. 
  2. Bayer, Osvaldo (1 de novembro de 2011). "SI, A LA NOBLE IGUALDAD" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  3. "Las huelgas patagónicas de 1921- 1922 La fealdad de los pobres" (PDF) (en castelán). Ministerio de Justicia y Derechos Humanos de la Nación. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  4. Bayer, Osvaldo (25 de outubro de 2008). "Los héroes y la carroña" (en español). Pagina 12. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  5. "Comenzó la recorrida por las huelgas en Santa Cruz" (en castelán). 10 de outubro de 2008. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  6. "PUERTO SANTA CRUZ: Acto homenaje a Obreros Gauchos" (en castelán). 8 de outubro de 2008. Consultado o 24 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía.

[editar | editar a fonte]
  • Bayer, Osvaldo (1972-1974). Los vengadores de la Patagonia trágica (en castelán). Booklet. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]