Ramón San Luís Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Carballo, España ![]() |
Morte | 27 de xullo de 1944 ![]() Carballo, España ![]() |
![]() | |
1934 – 1935 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Xesús San Luís Romero ![]() |
Ramón San Luís Romero, nado en Carballo e finado no mesmo concello o 27 de xullo de 1944, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco San Luís, que fora presidente do Comité Republicano, síndico e alcalde de Carballo na Primeira República, e irmán de Xesús San Luís Romero. Foi presidente do Centro Solidario Gallego de Carballo creado o 8 de decembro de 1908. Fundou sociedades labregas, foi acusado de desordes públicas e xulgado na Coruña en xaneiro de 1911.[1] Ante o acoso tivo que marchar para América. Retornou a Carballo e durante a II República afiliouse ao Partido Radical e logo da destitución da corporación presidida por José Monteagudo Rodríguez polo gobernador civil en setembro de 1934, foi elixido alcalde de Carballo.[2] Finou en Carballo o 27 de xullo de 1944.[3]
Predecesor: José Monteagudo Rodríguez |
![]() Alcalde de Carballo 1934 - 1935 |
Sucesor: Francisco Bolón Moreira |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Matilde Pombo Salgado.