Ramón Souto González
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 A Pobra do Caramiñal, España |
Morte | 16 de agosto de 1936 (35/36 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Fene | |
xuño de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ← José Pita Cortés | |
Actividade | |
Ocupación | político, carpinteiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Ramón Souto González, nado na Pobra do Caramiñal en 1900 e finado en Ferrol o 16 de agosto de 1936, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpinteiro de profesión, traballou nunha fábrica de baldosas en Perlío. Formou parte da sociedade agrarista La Necesaria e foi militante do PSOE. Na República foi concelleiro de Fene e candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións xerais de 1933, pero non foi elixido. Logo da dimisión do alcalde José Pita Cortés en xuño de 1936 por razóns de idade e saúde, foi elixido alcalde de Fene. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto na Casa do Concello e asasinado no espigón do Arsenal de Ferrol, xunto con outros 15, por aplicación da Lei de fugas.
Predecesor: José Pita Cortés |
Alcalde de Fene 1936 |
Sucesor: José Vargas Fernández |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sanfiz, Henrique (29/7/2012). "Nunca lle fixen mal a ninguén". Radiofusiòn. Arquivado dende o orixinal o 08/05/2016. Consultado o 7/5/2016. (en galego)