Póla
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/LightningVolt_Twisting_Branch_Lilac_tree.jpg/180px-LightningVolt_Twisting_Branch_Lilac_tree.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Buddleja_davidii_branch.jpg/180px-Buddleja_davidii_branch.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Walnoot_laddermerg_2-jarige_twijg.jpg/180px-Walnoot_laddermerg_2-jarige_twijg.jpg)
A póla, galla, gallo, varelo ou rama[1] é a parte da árbore na que medran as súas follas e os seus froitos. Trátase dunha estrutura de madeira conectada ao tronco central dunha árbore ou dun arbusto.
Unha rama pequena tamén se coñece como franza, ademais das formas máis evidentes: poliña e ramiña.[2]
Características[editar | editar a fonte]
As pólas poden desenvolverse de xeito horizontal, vertical ou diagonal, aínda que esta última é a que presentan a maior parte das pólas arbóreas.
As ramas ou pólas son a parte da árbore que se talla durante a poda para aumentar a produción de froitos, entre outros motivos.
Durante o inverno, pódense distinguir as árbores de folla caduca observando o corte lonxitudinal dunha rama.
Ao igual que unha viga, unha rama flexiónase concentrándose o esforzo máximo na base da mesma. Aínda que normalmente a tronza non chega a ocorrer, posto que o seu peso non é dabondo. Non obstante, unha sobrecarga, como o peso dun animal ou a acción do vento pode facer que se produza a fractura da póla ao superar unha tensión mecánica determinada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para póla.
- ↑ Vocabulario Forestal da Universidade de Santiago de Compostela. Entrada 87.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Póla |