Ramiro González Vicente
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1962 (62 anos) Burgos, España |
161º General Deputy of Araba (en) | |
30 de xuño de 2015 – ← Javier de Andrés Guerra | |
Voceiro | |
2011 – 2015 | |
Deputy of the General Assembly of Araba (en) | |
20 de xuño de 2007 – Circunscrición electoral: Vitoria | |
Datos persoais | |
Educación | Facultade de Dereito (Universidade do País Vasco) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
Ramiro González Vicente, nado en Burgos o 20 de abril de 1962, é un político do País Vasco de ideoloxía nacionalista vasca. É procurador nas Xuntas Xerais de Áraba e, dende 2015, Deputación Foral de Áraba.[1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado en Burgos, viviu dende os 4 anos en Vitoria. Exerce de avogado colexiado, especializado en Dereito Civil e Mercantil e licenciado pola Universidade do País Vasco. Está casado, ten dúas fillas e reside na localidade arabesa de Mendoza.
No ano 2002 afiliouse ó Partido Nacionalista Vasco e dende 2007 é procurador nas Xuntas Xerais de Áraba. Durante a lexislatura 2007-2011 na que o seu compañeiro de partido Xabier Agirre exerceu de Deputado Xeral, Ramiro González foi voceiro adxunto do grupo nacionalista. Cando Agirre perdeu a Deputación en favor do popular Javier de Andrés en 2011, González substituíuno á fronte da portavocía do grupo nas Xuntas Xerais.
Nas eleccións forais de 2015, Ramiro González foi cabeza de lista do Partido Nacionalista Vasco. O 30 de xuño de 2015, con 13 votos de PNV e 5 de PSE-EE, Ramiro González foi investido Deputado Xeral de Áraba polas Xuntas Xerais de Áraba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramiro González, investido Diputado General de Álava DIARIO DE NOTICIAS DE ÁLAVA". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016.