Ramiro Iglesias
Nome orixinal | José Ramiro Iglesias Covelo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de setembro de 1963 (61 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,71 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Ramiro Iglesias Covelo, nado na Coruña o 1 de setembro de 1963, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, debutando co Fabril na tempada 1979/80, na Terceira División. Debutou co primeiro equipo do Deportivo o 26 de outubro de 1980, con 17 anos e 55 días, nun derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos, no que tivo que ser substituído no minuto 24 por lesión.[1]
Na seguinte campaña debutou na Segunda División, nunha derrota a domicilio fronte o Burgos CF (0–1). En xaneiro de 1984 saíu cedido ao Calvo Sotelo de Puertollano, co que xogou ata final de tempada na Segunda División B, logrando o ascenso a Segunda. Na campaña seguinte foi cedido ao Pontevedra de José Luis Viñas, onde disputou 40 partidos.[2] Na tempada 1985/86 disputou unha última campaña co Fabril antes de deixar o club.
Fichou entón polo Lugo, co que miitou dúas tempadas na Segunda B, sendo o máximo goleador do equipo na segunda delas, 1987/88, con 10 tantos. Na tempada seguinte fichou polo Xuventude Cambados, que se reforzou con outros xogadores como Millán, Dibuja, Bericat, Marsillas, Collazo, Domingo ou Pupi, para tentar o ascenso á Segunda División B.[3] O obxectivo cumpriuse, acabando o equipo campión do seu grupo, con 13 puntos de vantaxe sobre o Xuvenil de Ponteareas, e Ramiro xogou unha tempada máis co club cambadés en Segunda B.
Entre 1990 e 1992 xogou co Endesa As Pontes na Segunda B, sumando un total de 14 goles en 88 partidos. Na tempada 1992/93 xogou co Lugo na Segunda División, na primeira tempada da historia do club lucense en dita categoría. Disputou 31 partidos e marcou 2 goles, e o Lugo acabou descendendo ao remate da campaña. Militou outra tempada no club branco e vermello, antes de regresar en 1994 ao Endesa As Pontes, no que xogou durante os seguintes sete anos, ata 2001.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Volvió a ganar el Celta". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de outubro de 1980. p. 31.
- ↑ "El Pontevedra, en Vitoria". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de setembro de 1984. p. 40.
- ↑ "El Cambados tratará de conseguir el ascenso a Segunda División B la próxima temporada". La Voz de Galicia (Pontevedra ed.). 27 de xullo de 1988. p. 33.
- ↑ "El centrocampista Ramiro retoma a la plantilla pontesa". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 14 de xuño de 1994. p. 44.