Saltar ao contido

Ramiro Losada Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamiro Losada Rodríguez
Biografía
Nacementoc. 1910 Editar o valor en Wikidata
Rubiá, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, obreiro da construción Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata

Ramiro Losada Rodríguez, nado en Rubiá cara a 1910, foi un militar e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Federación Campesina do Barco de Valdeorras. Militante do Partido Comunista de España e afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte e organizou un grupo guerrilleiro. Conseguiu embarcar cara á zona republicana en 1938, chegando a Barcelona pouco antes da entrada dos sublevados, foi sarxento e comisario. Coa derrota da República pasou a Francia e instalouse en Perpiñán. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México arribando a Veracruz o 13 de xuño.[1] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2] En México dedicouse á construción.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Áurea González Gómez, e foi pai de Enrique Losada González (31 de outubro de 1934 - 10 de decembro de 2007) e Tomás Losada González, nado en 1936.

No exilio, en Ciudad Mante, Tamaulipas, coñeceu a súa segunda muller, Aurora Domínguez Rodríguez. Deste matrimonio naceron catro fillos máis, Leonardo Ramiro (31 de agosto de 1952), Aurora (9 de xullo de 1956), Josefina (19 de agosto de 1958) e Luz María (10 de xuño de 1964 - 9 de decembro de 2021).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]