Ramiro Sabell Mosquera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de marzo de 1899 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 19 de xullo de 1990 ![]() Ponteareas, España ![]() |
![]() | |
setembro de 1925 – 1929 ← José Garra Garra – Severo María Ojea Ferro → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Normal de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Ramiro Manuel Sabell Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 13 de marzo de 1899[1] e finado en Pontevedra o 19 de xullo de 1990, foi un mestre e inspector de primeira ensinanza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, xunto a Eduardo Nogueira Pereira. Mestre en Baión (Vilanova de Arousa) de 1921 a 1924 onde foi correspondente de El Pueblo Gallego. Na ditadura de Primo de Rivera foi destinado á escola graduada de Ponteareas e foi nomeado concelleiro en 1924. Logo de presentar a dimisión o alcalde José Garra Garra en agosto de 1925, foi nomeado alcalde de Ponteareas en setembro. Mantívose no cargo ata principios de 1930. Tivo unha participación directa para que o mestre Reveriano Soutullo compuxese o pasodoble Puenteareas. En 1934 aprobou as oposicións a inspector de ensinanza primaria e foi destinado a Pontevedra, onde pasou toda a súa carreira profesional.
Predecesor: José Garra Garra |
![]() Alcalde de Ponteareas 1925 - 1929 |
Sucesor: Severo María Ojea Ferro |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción Salgués Otero o 3 de agosto de 1931 e tivo nove fillos, entre outros o cámara de cine Ramiro Sabell Salgués. Era tío carnal do médico e presidente da Real Académia Gallega Domingo García-Sabell.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]Leva o seu nome unha rúa e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escuela Normal de Maestros de Santiago. Matrículas para los cursos de 1906 a 1907 hasta de 1919 a 1920 (AHUS, A.2861; p.33v).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porto Ucha, Anxo Serafín. "Mestres ponteareáns para a historia. D. Ramiro Sabell Mosquera (1899 - 1990)" (PDF). Pregón. Revista da Festa do Corpus Christi de Ponteareas 2012: 53–54. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de xaneiro de 2018.
- Sabell Mosquera, R: “El Pasodoble Puenteareas”, Faro de Vigo, 20-10-1979.