Rangers F.C.
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Rangers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Rangers Football Club | |||
Alcume(s) | The Gers; The Teddy Bears; The Light Blues | |||
Fundación | Marzo, 1872 | |||
Estadio | Ibrox Stadium, Glasgow, Escocia | |||
Inauguración | 1899 | |||
Capacidade | 50.817 | |||
Propietario | Rangers International Football Club Plc | |||
Presidente | ![]() | |||
Adestrador | ![]() | |||
Liga | Scottish Premiership | |||
2021/22 | 2.º | |||
Vestimenta | Castore | |||
Patrocinador | 32Red | |||
Na rede | ||||
http://www.rangers.co.uk/ | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
| ||||
O Rangers Football Club é un club de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers para tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londiniense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.
En 2012 o Rangers F.C. entrou nunha profunda crise financeira debido a problemas coa administración de impostos do Reino Unido, polo que o 14 de xuño do mesmo ano, tras non poderse solucionar a dura situación económica do club, o equipo desapareceu, véndose obrigado a refundarse na Terceira División escocesa.
Historia
[editar | editar a fonte]Club nado no 1872 e que foi o primeiro do mundo en acadar 55 títulos do se campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2012-13 xa acumulaba 117).
É moi sonada a grande rivalidade que o Rangers ten co Celtic. É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dala o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ámbolos dous clubs se fala do Old Firm.
O primeiro equipamento do equipo é o de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.
O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o de Ibrox Stadium cunha capacidade para 50.987 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criterios UEFA e é o terceiro en capacidade de público de Escocia tan só por detrás, e nesta orde, do Celtic Park e do Hampden Park onde xoga a Seleción Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.
O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extinta Recopa no ano 1972 tras derrotar ó Dínamo de Moscova no Camp Nou por 3-2.
O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dos protestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma "Bears" e "Bluenoses".
Xogadores
[editar | editar a fonte]Actualizado 13 de xuño de 2018
|
|
Adestradors
[editar | editar a fonte]Nome | Nacionalidade | Período | Liga | Copa | Copa da Liga | UEFA | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
William Wilton | ![]() |
1899-1921 | 8 | 1 | — | — | 9 |
Bill Struth | ![]() |
1921-1954 | 18 | 10 | 2 | — | 30 |
Scot Symon | ![]() |
1954-1967 | 6 | 5 | 4 | — | 15 |
David White | ![]() |
1967-1969 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
William Waddell | ![]() |
1969-1972 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 |
Jock Wallace | ![]() |
1972-1978 | 3 | 3 | 2 | 0 | 8 |
John Greig | ![]() |
1978-1983 | 0 | 2 | 2 | 0 | 4 |
Jock Wallace | ![]() |
1983-1986 | 0 | 0 | 2 | 0 | 2 |
Graeme Souness | ![]() |
1986-1991 | 3 | 0 | 4 | 0 | 7 |
Walter Smith | ![]() |
1991-1998 | 7 | 3 | 3 | 0 | 13 |
Dick Advocaat | ![]() |
1998-2001 | 2 | 2 | 1 | 0 | 5 |
Alex McLeish | ![]() |
2001-2006 | 2 | 2 | 3 | 0 | 7 |
Paul Le Guen | ![]() |
2006-2007 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Walter Smith | ![]() |
2007-2011 | 3 | 2 | 3 | 0 | 8 |
Ally McCoist | ![]() |
2011-2014 | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 |
Mark Warburton | ![]() |
2015-2017 | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 |
Pedro Caixinha | ![]() |
2017 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Graeme Murty | ![]() |
2017-2018 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Steven Gerrard | ![]() |
2018-presente | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 |
Os adestradores intermedios foron Willie Thornton (2 partidos en 1969), Tommy McLean (4 partidos en 1983), Ian Durrant (1 partidos en 2007) e Graeme Murty (6 partidos en 2017).
Xogadores famosos
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Rangers FC.
Jim Baxter (1960–1965, 1969–1970)
Sandy Jardine (1967–1982)
Derek Johnstone (1970–1982)
Ally McCoist (1983–1998)
Terry Butcher (1986–1990)
Graeme Souness (1986–1991)
Richard Gough (1987–1997)
Andy Goram (1991–1998)
Brian Laudrup (1994–1998)
Paul Gascoigne (1995–1998)
Rino Gattuso (1997–1998)
Lorenzo Amoruso (1997–2003)
Barry Ferguson (1997–2003, 2005–2009)
Giovanni van Bronckhorst (1998–2001)
Andrei Kanchelskis (1998–2000, 2001–2002)
Stefan Klos (1999–2007)
Claudio Reyna (1999–2001)
Tore André Flo (2000–2002)
Ronald de Boer (2000–2004)
Claudio Cannigia (2001–2003)
Frank de Boer (2004)
Dado Prso (2004–2007)
Nacho Novo (2004–2010)
Nikica Jelavic (2010–2012)
Allan McGregor (2001-2012, 2018-)
Steven Davis (2008-2012, 2019-)
Lee Wallace (2011-2019)
Lee McCulloch (2007-2015)
James Tavernier (2015-)
Alfredo Morelos (2017-)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Liga escocesa (55): 1891, 1899, 1900, 1901, 1902, 1911, 1912, 1913, 1918, 1920, 1921, 1923, 1924, 1925, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1935, 1937, 1939, 1947, 1949, 1950, 1953, 1956, 1957, 1959, 1961, 1963, 1964, 1975, 1976, 1978, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2000, 2003, 2005, 2009, 2010, 2011, 2021
- Escocia Terceiro División (1): 2013
- Escocia Liga Un (1): 2014
- Escocia Campionato (1): 2016
- Copa de Escocia (33): 1894, 1897, 1898, 1903, 1928, 1930, 1932, 1934, 1935, 1936, 1948, 1949, 1950, 1953, 1960, 1962, 1963, 1964, 1966, 1973, 1976, 1978, 1979, 1981, 1992, 1993, 1996, 1999, 2000, 2002, 2003, 2008, 2009
- Copa da Liga de Escocia (27): 1946, 1948, 1960, 1961, 1963, 1964, 1970, 1975, 1977, 1978, 1981, 1983, 1984, 1986, 1987, 1988, 1990, 1992, 1993, 1996, 1998, 2002, 2003, 2005, 2008, 2010, 2011
- Liga de Escocia (entreguerras): 1940.
- Southern League (entreguerras): 1941, 1942, 1943, 1944, 1945, 1946.
- Milk Cup: (Premier) 1984, 1992. (Júnior) 1985.
- Drybrough Cup: 1979.
- Tennents' Sixes: 1984, 1989.
- Escocia Desafío Cup: 2016.
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Recopa de Europa de fútbol (1): 1972.