Ranma ½
Ranma ½ | |
---|---|
らんま½ (Ranma Nibun-no-Ichi) | |
Xénero | Aventuras,[1] artes marciais,[2] comedia romántica[3] |
Manga Ranma ½ | |
Creado por | Rumiko Takahashi |
Editor | Shogakukan |
Publicado en | Weekly Shōnen Sunday |
Primeira edición | setembro de 1987 |
Última edición | marzo de 1996 |
Núm. de volumes | 38 |
Anime Ranma ½ | |
Dirixido por | Tomomi Mochizuki Tsutomu Shibayama |
Estudio | Studio Deen |
Canle televisiva | Fuji Tv |
Primeira emisión | 15 de abril de 1989 |
Última emisión | 16 de setembro de 1989 |
Núm. de capítulos | 18 |
Anime Ranma ½ Nettōhen | |
Dirixido por | Koji Sawai Junji Nishimura |
Estudio | Studio Deen |
Canle televisiva | Fuji Tv |
Primeira emisión | 20 de outubro de 1989 |
Última emisión | 25 de setembro de 1992 |
Núm. de capítulos | 143 |
Filmes | |
| |
Especiais de TV | |
|
Ranma ½ (らんま½ Ranma Nibun-no-Ichi?) é unha serie de manga xaponesa escrita e ilustrada por Rumiko Takahashi. Foi publicada por Weekly Shōnen Sunday dende setembro de 1987 até marzo de 1996, cos capítulos reunidos en 38 volumes tankōbon por Shogakukan. A historia xira arredor dun rapaz chamado Ranma Saotome que se adestrou nas artes marciais dende que era un cativo. Por mor dun accidente durante unha xornada de adestramentoo, quedou maldicido en converterse en rapaza cada vez que sexa mollado con auga fría, e en volver a ser rapaz cando se molla con auga quente. A trama principal é a busca de Ranma por desfacerse da maldición, atopando no seu camiño amigos, inimigos e amores.
Ranma ½ ten unha fórmula baseada na comedia e nun personaxe de sexo cambiante, que acotío se transforma en rapaza para conseguir os seus obxectivos. A serie ten outros personaxes, cuxas intricadas relacións entre eles, as súas infrecuentes características e as súas personalidades excéntricas conducen a historia da serie.
O manga foi adaptado en dúas series de anime creadas por Studio Deen: Ranma ½ e Ranma ½ Nettōhen (らんま½ 熱闘編?), sendo ámbalas dúas emitidas por Fuji Television dende 1989 a 1992. Ademais, creáronse 12 OVAs e tres filmes. No 2011, produciuse unha serie de acción en vivo emitida por Nippon Television. O manga de Ranma ½ vendeu máis de 53 millóns de copias no Xapón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Viz Media (ed.). "VIZ MEDIA CONCLUDES 2015 WITH AN ACTION AND DRAMA-FILLED DIGITAL ANIME UPDATE FOR DECEMBER". Consultado o 10 de agosto de 2018.
- ↑ Viz Media (ed.). "The Official Website for Ranma 1/2". Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ Anime News Network, ed. (15 de xullo de 2017). "Celebrate 30 Years of Martial Arts Mischief with Ranma 1/2 Stamps". Consultado o 29 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ranma ½ |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo Shōnen Sunday (en xaponés)
- Viz Media (en inglés)
- Madman Entertainment (en inglés)
- Recensión de J-pop.com da música de Ranma ½