Rapa (serie de televisión)
Rapa | |
---|---|
Xénero | Suspense |
Creado por | Pepe Coira e Fran Araújo |
Escrito por | Pepe Coira, Jorge Coira e Fran Araújo |
Dirixido por | Jorge Coira |
Lingua(s) | Español |
Temporadas | 2 |
Episodios | 6 + 6 |
Produción | |
Duración | 50 min |
Distribuidor | Movistar Plus+ |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Movistar Plus+ |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rapa é unha serie de televisión española creada e escrita por Pepe Coira e Fran Araújo e dirixida por Jorge Coira para Movistar Plus+. Está protagonizada por Javier Cámara e Mónica López e producida por Portocabo, a filial galega de Boomerang TV. Foi estreada ao completo o 19 de maio de 2022.[1]
Primeira tempada
[editar | editar a fonte]Trama
[editar | editar a fonte]Amparo Seoane, a alcaldesa de Cedeira (A Coruña) e a muller con máis poder da zona, é asasinada. Investigar o crime vai converterse nunha obsesión para Maite, sarxento da garda civil, e para Tomás, única testemuña do asasinato. Para Maite, buscar o asasino é unha obrigación, é o seu oficio. Para Tomás, que é profesor de Literatura no instituto, é a oportunidade –posiblemente a última– de vivir unha historia como as que sente paixón por ler, e quizais así poder contala. Ambos os dous abrirán unha investigación que afectará o conxunto do pobo. Todos, dun xeito ou outro, estaban relacionados con Amparo. Todos tiñan algo que gañar ou que perder coa súa morte.[2]
Elenco
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Javier Cámara como Tomás Hernández
- Mónica López como Maite Estévez
- Lucía Veiga como Norma Muiños Álvarez
- Eva Fernández como Dubra Varela Seoane
- Jorge Bosch como Segura
- Berta Ojea como Balbina Álvarez
- Ricardo de Barreiro como Samuel Varela Seoane
- Toni Salgado como Eliseo Bastida Seara
- Santi Prego como Ceide
- Iria Sobrado como Helena Beira
- Tito Asorey como Darío Cimadevila
- Adrián Ríos como Bolaño
Coa colaboración especial de
- Mabel Rivera como Amparo Seoane (Episodio 1 - Episodio 2)
- Manuel Millán como ? (Episodio 3)
- Antonio Mourelos como ? (Episodio 4)
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Xavier Estévez como Casal
- Nacho Castaño como Matías Costenla (Episodio 1; Episodio 3 - Episodio 6)
- Víctor Mosqueira como Roberto Jiménez Fernández (Episodio 1 - Episodio 4; Episodio 6)
- César Cambeiro como Anxo Maneiro (Episodio 1 - Episodio 5)
- Cris Collazo como Ángela
- Denís Gómez como Pablo Martínez Sánchez
- Paula Morado como Francisca "Paquita" Moure Cornide (Episodio 1 - Episodio 2)
- Belén Constenla como Celia (Episodio 1 - Episodio 2; Episodio 4)
- Laura Ponte como Rosaura (Episodio 1 - Episodio 4; Episodio 6)
- Isabel Vallejo como Consolo Castro (Episodio 1 - Episodio 5)
- Fran Paredes como Álvaro (Episodio 1 - Episodio 3)
- Raúl Alonso como Juárez (Episodio 1 - Episodio 3)
- Miguel Borines como Marido de Rosaura (Episodio 1 - Episodio 2)
- Lara Boedo como Xana (Episodio 1 - Episodio 4)
Produción
[editar | editar a fonte]O 14 de xullo de 2021, Movistar Plus+ (entón Movistar+), anunciou que Javier Cámara ía protagonizar, Rapa a nova serie dos creadores de Hierro para a plataforma.[3] A súa rodaxe inicialmente estivo prevista para setembro, pero non foi até inicios de outubro cando comezou en Cedeira e Ferrol, concluíndo a finais de 2021.[4][5][6]
Lanzamento e mercadotecnia
[editar | editar a fonte]O 19 de abril de 2022, Movistar Plus+ sacou un teaser trailer que anunciou que Rapa se ía a estrear ao completo en Movistar Plus+ o 19 de maio de 2022.[1] O 5 de maio de 2022, a plataforma sacou un tráiler máis completo, así como os pósteres.[7]
Rodada na contorna de Cedeira foi a serie máis vista en Movista Plus+ en 2022.[8]
Episodios da primeira tempada
[editar | editar a fonte]Nº | Título | Dirixido por | Escrito por | Data de estrea |
---|---|---|---|---|
1 | Episodio 1 | Jorge Coira | Pepe Coira e Fran Araújo | 19/05/2022 |
2 | Episodio 2 | Jorge Coira | Pepe Coira e Fran Araújo | 19/05/2022 |
3 | Episodio 3 | Jorge Coira e Elena Trapé | Fran Araújo, Jorge Coira e Pepe Coira | 19/05/2022 |
4 | Episodio 4 | Elena Trapé | Fran Araújo, Jorge Coira e Pepe Coira | 19/05/2022 |
5 | Episodio 5 | Elena Trapé | Fran Araújo, Jorge Coira e Pepe Coira | 19/05/2022 |
6 | Episodio 6 | Jorge Coira | Fran Araújo, Jorge Coira e Pepe Coira | 19/05/2022 |
Sinopse[9]
[editar | editar a fonte]- Capítulo 1: Amparo Seoane, a alcaldesa da localidade galega de Cedeira e a muller máis poderosa da zona, é asasinada. Investigar o crime vaise converter nunha obsesión para Maite, sarxenta da garda civil, e para Tomás, única testemuña do asasinato. Para Maite, buscar o asasino é unha obriga. Para Tomás, un catedrático de Literatura sen moitos horizontes vitais, é a oportunidade (posiblemente a última) de vivir unha historia como as que lle apaixona a lectura, e quizais así poder contala.
- Capítulo 2: Mentres Amparo é soterrada, a investigación da súa morte continúa. Unha das hipóteses que se baralla é por motivos políticos, pero hai outro sospeitoso que non ten coartada e o seu coche encaixa na descrición.
- Capítulo 3: Cedeira prepárase para a tradicional rapa das bestas, quizais a última se se aproba o proxecto da mina. Despois de ser apartada do caso, Maite séntese tan fóra de lugar que acepta colaborar con Tomás na súa investigación privada.
- Capítulo 4: Meses despois do secuestro, a investigación do asasinato de Amparo deixou de ser prioritaria e vai camiño de converterse nun dos moitos casos que quedan sen resolver. Maite volve ao seu posto e tenta retomar a investigación.
- Capítulo 5: Tirando dun dos fíos que deixou Amparo coas súas últimas palabras, Tomás e Maite comezan a achegarse, sen sabelo, á verdade e teñen que apurarse se queren evitar que quen a matou volva facelo.
- Capítulo 6: Cedeira foi escenario de dous crimes en poucos meses. Maite e Tomás están convencidos de que a mesma persoa foi o responsable dos dous asasinatos.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premios Iris (atv) 2022. Finalistas: mellor dirección, mellor guión, mellor ficción. Gañador: Javier Cámara.
- Premios José María Forqué 2022. Finalistas: mellor serie e Javier Cámara. Gañador: Mónica López.
- Premios Mestre Mateo 2023. Finalistas: Mónica López, Javier Cámara, Iria Sobrado etc. Gañadores: Lucía Veiga, Berta Ojea e mellor edición
- Premios Feroz 2023. Finalistas: Mónica López, Javier Cámara, Lucía Veiga.
- Premios Mestre Mateo 2024: mellor serie de televisión, mellor montaxe, mellor música orixinal.[10][11]
Segunda tempada
[editar | editar a fonte]En decembro de 2022 rematou a rodaxe da segunda tempada. Rodada en Ferrol, Valdoviño, Fene, Cedeira, Narón e Ortigueira, incorporando novos actores e máis de 500 extras. A acción trasládase a Ferrol.
Foi estreada en Movistar+ o 15 de xuño de 2023.[12]
Na segunda tempada hai dúas tramas. Unha é resolver a desaparición da comandante Sineiro da Mariña do Arsenal de Ferrol cunha vida familiar e laboral complicada. Outra enfrontarse a un caso que está a piques de prescribir sen que o culpable teña sido castigado. E, finalmente, tamén hai un caso de tráfico de drogas.[13]
Colaboradores
[editar | editar a fonte]- Producida por Movistar Plus+ e Portocabo.
- Creada por Pepe Coira e Fran Araújo.
- Escrita por Pepe Coira e Fran Araújo.
- Alfonso Blanco como produtor executivo.
- Dirixida por Rafa Montesinos, Marta Pahissa.
- Música de Xavi Font.
- Fotografía de Jaime Pérez.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Javier Cámara, Tomás
- Mónica López, Maite
- Carlos Blanco, Almirante
- Federico Pérez Rey, Comandante
- Evaristo Calvo
- Melania Cruz
- Iolanda Muíños, Xuíza
- Chisco Amado, Capitán de Navío
- Adrián Ríos
- Fran Lareu
- Pepe Ocio
- Sabela Arán
- Darío Loureiro, coidador de Tomás
E tamén: Xavier Estévez, Tatán, Nacho Castaño, Daniel Currás, Cris Castaño, Tito Refoxo, Axel Fernández, Sarela Montes, Carlos Villarino, Josito Porto, Humy Donado, Xaquín Domínguez, Daría Fernández, Fernando Sanmartín, Héctor Martínez, José Antonio Baldomir, Pablo Alonso, Raúl Llorente, Justo Villanueva, Xulio Abonjo...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Movistar+ lanza el teaser de 'Rapa' y desvela su fecha de estreno". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ ""Rapa" llega a Movistar+ el 19 de mayo". Sindicato ALMA (en castelán). 2022-04-27. Consultado o 2023-05-22.
- ↑ Redacción (2021-07-14). "Javier Cámara protagonizará 'Rapa', la nueva serie de suspense de los responsables de 'Hierro' para Movistar+". Vertele (en castelán). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "Javier Cámara protagonizará 'Rapa', lo nuevo de los creadores de 'Hierro' para Movistar+". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "Arranca el rodaje de 'Rapa', el nuevo thriller de los creadores de 'Hierro' para Movistar+". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "'Rapa', el nuevo thriller de Movistar con Javier Cámara, lanza fotos de su fin de rodaje". Vertele (en castelán). 2021-12-21. Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "Tráiler de RAPA, de los creadores de HIERRO, que se estrena el 19 de mayo" (en castelán). 2022-05-05. Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "La serie 'Rapa', la más vista este año en Movistar, prosigue con su rodaje en Ferrolterra". COPE (en castelán). 2022-09-14. Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "Rapa". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2023-05-22.
- ↑ Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ "Palmarés". Premios Mestre Mateo. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Finaliza el rodaje de «Rapa», la serie que hace de Ferrol un plató". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-16. Consultado o 2023-05-22.
- ↑ "“Cada temporada de 'Rapa' debía tener identidad propia”: el 15 de junio se estrena la segunda tanda de episodios de la serie de los creadores de 'Hierro'". SensaCine.com (en castelán). 2023-06-14. Consultado o 2023-07-05.