Saltar ao contido

Raquel Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaquel Fernández
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor em Wikidata (51/52 anos)
Nigrán, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , empresaria Editar o valor em Wikidata

Raquel Fernández Fernández, nada en Nigrán en 1972, é unha empresaria e escritora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerce no sector da restauración como propietaria dun restaurante no Val Miñor.

En 2022 asistiu ao Obradoiro da Escola de Escritores da Editorial Galaxia, onde publicou a súa primeira obra,[1] Contas de buxo.

En 2024 gañou o Premio Jules Verne, por I’m Obélix. Segundo o xurado:[2]

...o xurado valorou o ritmo que a autora consegue manter ao longo de toda a novela. "Raquel Fernández Fernández crea unha estrutura que nos fai empatizar, sufrir e, ao mesmo tempo, sentir esperanza co protagonista, pero que tamén nos permite coñecer, e mesmo chegar a comprender, os responsables da súa situación. O xogo con varias voces dálle, ademais, unha inmensa riqueza á narración, e introdúcenos nun mundo común para os adolescentes: o día a día do instituto. A forza do argumento, a axilidade, o manexo da lingua e as continuas referencias a cómics e videoxogos fan de I'm Obélix unha novela completa e absolutamente atractiva para a rapazada", conclúen no seu fallo.

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[4][editar | editar a fonte]

  • 2017 e 2019: 1º Premio das Mulleres Progresistas de Vigo.
  • 2020: Certame Literario do Concello de Ames (Poesía e en Narrativa).
  • 2021: Premio de relatos a prol da igualdade do Concello de Melide.
  • 2021: 2º Premio Manuel Orestes de Poesía.[5]
  • 2024: Premio Jules Verne, por I’m Obélix.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fernández Fernández, Raquel". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-06-08. 
  2. "Os Premios Xerais 2024 son para Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé". Praza Pública. 2024-06-08. Consultado o 2024-06-08. 
  3. "Contas de Buxo". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-06-08. 
  4. Redacción (2024-03-18). "La nigranesa Raquel Fernández Fernández debuta en Editorial Galaxia con “Contas de buxo”". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2024-06-08. 
  5. Diario, Nós (2024-06-08). "Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé, premios Xerais 2024". Nós Diario. Consultado o 2024-06-08.