Raquel Fernández Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) A Gudiña, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | Profesional autónoma e política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Raquel Fernández Fernández, nada na Gudiña no ano 1985, é unha política galega do BNG, candidata á alcaldía do concello da Gudiña nas eleccións municipais de 2015 e 2019[2]. Foi candidata ao Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas do ano 2020, ocupando o número 13 na lista da Provincia de Ourense.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomada en Educación Social pola Universidade de Vigo, é concelleira e voceira municipal do BNG no concello da Gudiña[4] desde o ano 2015. Fai parte do Colectivo Feminista “Mulleres da Gudiña”[5] así coma da Asociación Cultural Os Torgueiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Gudiña que queremos". Consultado o 19/08/2021.
- ↑ "Raquel Fernández Fernández, Candidato BNG en Gudiña (A)". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 18/7/2020.
- ↑ González, Amelia (4/3/2020). "El BNG presenta su candidatura por la provincia de Ourense a las elecciones del 5A". COPE (en castelán). Consultado o 18/7/2020.
- ↑ "BNG A Gudiña". Facebook. Consultado o 18/7/2020.
- ↑ "Colectivo Feminista da Gudiña". www.facebook.com. Consultado o 18/7/2020.