Rarities (The Living End)
Aparencia
Rarities | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de The Living End | ||||
Edición | 15 de novembro do 2008 | |||
Xénero(s) | rock, alternativa, acústica | |||
Selo(s) | EMI | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Rarities é un álbum recompilatorio da banda australiana de rock The Living End. O disco está formado por demos e versións acústicas de cancións non editadas anteriormente, e estivo inicialmente dispoñible nunha ampla gama de tendas en liña durante 5 días, do sábado 15 de novembro do 2008 ata o mércores 19 de novembro, cando foi retirado desas tendas sen ningún motivo conformado. O álbum foi exclusivamente publicado en liña, ata a aparición dunha edición física como parte do segundo CD da edición de luxo do primeiro traballo da banda, White Noise, lanzada o 27 de febreiro do 2009.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- "White Noise" (Acoustic)
- "Moment in the Sun" (Acoustic)
- "Tragedy" (Demo)
- "The Ship Is Sinking" (Demo)
- "Down to the Wire" (Demo)
- "Live to Love" (Demo)
- "Faith" (Demo)
- "New Trend" (Demo)
- "I Don't Wanna Wait" (Demo)
- "Enemy of Time" (Demo)
- "Who's on Your Side" (Demo)