Raspall

O raspall (tamén coñecido coma raspot o raspallot, en galego cepillo) é unha modalidade da pelota valenciana de estilo directo é que se caracteriza sobre todo polo feito de que non se xoga por riba, é dicir, non importa o número de botes que efectúe a pelota. As súas regras esixen ao xogador un grande esforzo, xa que decotío deberá de xogar inclinado para golpear a pelota a ras de terra.
Ademais, con leves diferenzas polo terreo de xogo, pódese xogar tanto na rúa coma nun trinquet. O considerado como A catedral do Raspall é o trinquet El Zurdo de Gandia. Esta modalidade é a única, xunto coa de Escala i corda, que conta con xogadores profesionais. É moi disputada nas comarcas sitas ao sur do río Xúcar, como poden ser Vall d'Albaida, Safor, Costera, a Marina Alta ou a Marina Baixa, aínda que tamén é popular na Ribera Baixa.
Material de xogo e pelota
[editar | editar a fonte]No Raspall hase de xogar cunha pelota de vaqueta, que é unha pelota dura e pesada, polo que a protección das mans debe coidarse atendendo tanto ao rendemento como á comodidade.[1]
Ademais, coma no resto de modalidades, os equipos visten de vermello ou de azul, sendo o vermello a cor asignada aos máis fortes ou favoritos nas apostas.
Regulamento
[editar | editar a fonte]

Aínda cando tamén hai competicións man a man (partidas individuais, 1 contra 1), normalmente xógase ao Raspall en equipos de 2 ou 3 compoñentes. Pode darse o caso de xogar dous contra tres se se presupón que os dous son de maior calidade que os outras tres, os cales compensan a menor calidade con maior ocupación da cancha (en caso de xogarse nunha rúa, este deberá medir entre 70 e 75 pasos, e a cada extremo haberá a línia de quinze (liña de quinze) que limitará o terreo de xogo).
As partidas de Raspall xóganse a 25 tantos (en trinquet) ou a 40 tantos (no carrer), contabilizados de 5 en 5, cada un deles denominado joc (xogo) (por tanto, gaña quen consegue 5 xogos). Cada joc consiste en catro quinzes (15, 30, val e joc). O empate a 15 denomínase quinzens, o empate a 30 denomínase a dos, e, a diferenza da escala i corda, non se resta ningunha quinze se se empata a val. Quen gaña o val, gaña o joc e suma 5 tantos. Así até chegar un dos dous equipos a 25.
Os equipos, un fronte ó outro, xogarán a enviarse mutuamente a pelota dun só golpe de man tentando de dificultar a tarefa do outro equipo até que un dos dous non a faga adiantar (falta dun, e por tanto, quinze do outro), ou o envío a un lugar onde non se poida volver (quinze directo). Estes recunchos son a llotgeta e as galeries (se se xoga nun trinquet), ou logo da liña de quinze do equipo rival (se se xoga no carrer).
Unha metade do carrer (ou trinquet) é denominada do traure (saque), e a outra do rest (resto), aínda que non están separadas por ningunha raia ou rede. O quinze comeza coa sacada, que nun trinquet faise pegando un bot a pelota no dau, e no carrer pegando un bote a pelota nunha laxa na línia de quinze. Non importa se a pelota vai rodando ou pega varios botes, agora ben, se (no trinquet) a pelota rebota no frontó (frontón) do rest deber volverse ao primeiro bote (se non pegase ningún) ou no aire (se xa botara).
Se a pelota vai onde está o público do lateral do carrer (ou ás escaleiras nun trinquet), a pelota quedará inmediatamente parada, iso é, colocarase no medio do carrer (ou trinquet) á altura onde se parou e se raspará a pelota dende aí, en caso de xogarse na rúa deberase golpear coa man mala. Así pois, non é nada conveniente que se pare a pelota, posto que o outro equipo poderá tirala facilmente ao fondo do carrer ou ás galeries do trinquet.
Público
[editar | editar a fonte]
Unha das características da pelota valenciana é a proximidade do público ao xogo, até incluso estando no medio. Cando se xoga no carrer, o público está nas beirarrúas e nos dous extremos da rúa.
No trinquet, poden escoller onde sentar. Os máis prudentes poderán ver a partida dende as galeries e os máis valentes poderán sentar nas llotgetes. Pero a maioría do público senta nas escaleiras. No Raspall o público sabe que os pilotaris non van enviar a pelota ás escaleiras, así que séntense seguros. Senta, pois, todo ao longo das escaleiras.
Competicións
[editar | editar a fonte]Profesionais
[editar | editar a fonte]- Campionato por Equipos de Raspall
- Campionato Individual de Raspall
- Trofeo Mancomunitade de municipios da Safor
Afeccionados
[editar | editar a fonte]- Campionato Autonòmico de Raspall al carrer
- Campionato Autonòmico de Raspall en trinquet
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Montaner, C.; Llana, S.; Gámez, J. e Alcántara, E (2012). "Especificaciones de diseño para el desarrollo de un guante de pilota valenciana / Design specifications to develop a “pilota valenciana”protection glove". Revista Internacional de Medicina y Ciencias de la Actividad Física y el Deporte (en castelán) 12 (47): 405–429.. Http://cdeporte.rediris.es/revista/revista47/artespecificaciones298.htm
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raspall ![]() |