Raynald Denoueix
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1948 (76 anos) Ruán, Francia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Raynald Denoueix, nado en Ruán o 14 de maio de 1948, é un exfutbolista e adestrador de fútbol francés. Xogaba de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Raynald Denoueix desenvolveu a súa carreira profesional como defensa no FC Nantes. Comezou a súa carreira como adestrador no US Gétigné, para regresar a Nantes ao ser nomeado como adestrador Jean-Claude Suaudeau. Denoueix en 1982 conseguiu ser o xefe do centro de formación de novos xogadores, e baixo a súa dirección algúns xogadores de gran futuro chegaron a ser as estrelas de Francia como Marcel Desailly, Didier Deschamps, e máis tarde a xeración de Christian Karembeu e Claude Makélélé.
Trala repentina saída de Jean-Claude Suaudeau poucos días antes do comezo da tempada 1997-1998, converteuse no primeiro adestrador. Tras uns resultados normais conseguiu gañar dúas veces consecutivas a Copa de Francia, e sobre todo o campionato de Liga de 2001, mentres que seguiu fiel á tradición dun fermoso para o público de Nantes. Pero uns meses despois do campionato, e a pesar dunha brillante campaña na Champions League 2001-2002, foi despedido debido a unha serie de malos resultados na liga.
En 2002 firmou polo club vasco da Real Sociedad. Na primeira tempada , Denoueix estivo moi cerca da fazaña, a Real Sociedad competiu con éxito durante toda a temporada co Real Madrid, ao non ceder o liderado ata a penúltima xornada da liga, tras perder pola mínima ante o Celta de Vigo. Pero a súa segunda tempada en España foi mais delicada: o equipo facía malabarismos entre a Liga e a Champions League 2003-2004 e Denoueix foi despedido na tempada 2003-2004.
Actualmente encóntrase sen equipo pero Raynald Denoueix traballa como consultor de Canal +, comentando o ocorrido na liga española no programa dos luns cos especialistas de Canal+sport.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]- Ligue 1 (2): en 1973 e 1977 co Nantes.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- Gañador da Copa de Francia (2): en 1999 e 2000 co Nantes.
- Ligue 1 en 2001 co Nantes.
- Subcampión de España en 2003 coa Real Sociedad.