Reactivo de Fehling
O reactivo de Fehling, é unha disolución descuberta polo químico alemán Hermann von Fehling en 1849 e que se utiliza como reactivo para a determinación de azucres redutores.[1]
O licor de Fehling consiste en dúas solucións acuosas:[2]
- Sulfato cúprico cristalizado, 35 g; auga destilada, até 1000 ml.
- Sal de Seignette (tartarato mixto de potasio e sodio), 173 g; solución de hidróxido de sodio ao 40 %, 3 g; auga, até 500 ml.
Ambas se gardan separadas até o momento do seu uso para evitar a precipitación do hidróxido de cobre (II).
O ensaio co licor de Fehling fundaméntase no poder redutor do grupo carbonilo dun aldehido. Este se oxida a un ácido carboxílico e reduce o sal de cobre (II) no medio alcalino a óxido de cobre(I), que forma un precipitado de cor vermella. Un aspecto importante desta reacción é que a forma aldehido pode detectarse facilmente aínda que exista en moi pequena cantidade. Se un azucre reduce o licor de Fehling a óxido de cobre (I) vermello, dise que é un azucre redutor.
Esta reacción prodúcese no medio alcalino forte, polo que algúns compostos non redutores poden enolizarse dando lugar a un falso positivo.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Fehling, H. (1849). "Die quantitative Bestimmung von Zucker und Stärkmehl mittelst Kupfervitriol". Annalen der Chemie und Pharmacie 72: 106–113. doi:10.1002/jlac.18490720112.
- ↑ Bermejo Martinez, Francisco (1990). "20". Quīmica analītica general, cuantitativa e instrumental (en castelán) (6° ed.). Madrid: Paraninfo S.A. p. 1546. ISBN 84-283-1808-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reactivo de Fehling |