Reagrupamento Democrático Africano
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
O Reagrupamento Democrático Africano (en francés Rassemblement démocratique africain ) foi unha federación de partidos africanos fundado en Bamaco (18-21 de outubro de 1946) por Félix Houphouët-Boigny e Modibo Keïta, foi o primeiro movemento político panafricano da África francófona. Formouse logo da IV República francesa permitira o envío a Francia de representantes africanos na Asemblea Nacional e como consecuencia as forzas nacionalistas dos diferentes territorios franceses en África decidiron establecer unha estrutura común para a conquista dos seus dereitos e a formación dun bloque no Parlamento, primeiro afiliada co Partido Comunista Francés e a partir de 1950 achegouse á Unión Democrática e Socialista da Resistencia.
Partidos
[editar | editar a fonte]- Costa do Marfil: Partido Democrático de Costa do Marfil
- Alto Volta: Partido Democrático Voltaico, desde 1957 Unión Democrática Voltaica
- Sudán Francés (actual Malí): Unión Sudanesa
- Camerún: Unión das Poboación do Camerún (expulsado en 1951 por non romper co PCF)
- Senegal: Unión Democrática Senegalesa
- Guinea: Partido Democrático de Guinea
- Níxer: Partido Progresista Nixerino
- Chad: Partido Progresista Chadiano
- Congo: Partido Progresista Congolés, substituído en 1958 pola Unión Democrática de Defensa dos Intereses Africanos
- Gabón: Comité Mixto Gabonés, logo de 1954 Bloque Democrático Gabonés