Real Canoe N.C.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/2021-11-05_WK_12_Synchronized_3m_Boys_Youth_A_and_B_at_Ulla-Klinger-Cup_2021_%28Martin_Rulsch%29_042.jpg/220px-2021-11-05_WK_12_Synchronized_3m_Boys_Youth_A_and_B_at_Ulla-Klinger-Cup_2021_%28Martin_Rulsch%29_042.jpg)
O Real Canoe Natación Club é unha entidade deportiva da cidade de Madrid, España, centrada principalmente na natación e no wáter-polo aínda que tamén está presente en deportes coma o rugby, o baloncesto, a natación sincronizada ou os saltos de trampolín.
Historia
[editar | editar a fonte]O club como entidade fundouse no ano 1930, presidido por Julián López e como fusión do Clun Natación Atlético e o Canoë Club [1], constituíndo así a formación do club máis devanceiro da natación e o wáter-polo madrileño.
Logros deportivos
[editar | editar a fonte]O club milita actualmente na División de Honor de Wáter-polo, logrando importantes clasificacións incluíndo dous campionatos nas tempadas 1998-1999 e 1999-2000. Ademais rematou subcampión na Copa do Rei en varias ocasións. Constitúe o único equipo non catalán que conseguiu facerse co título de liga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2008. Consultado o 11 de maio de 2008.